Vimos de festexar os Maios no noso cole.

As orixes da festa:A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.
Evolucionou ao longo da historia esta tradición mais no s.XIX tan solo se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda haia un continxente de mozos dispostos a conserva-lo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade alguis cartos cousa nada desdeñable , e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).
No s. XX veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras , como a de Franco , nos que non se toleran críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.
Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos , concellos, escolas... conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeneracións que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade.
A celebración no noso cole: O luns o alumnado coa axuda das súas familias recolleron por montes e hortas xestas, buxos, fiúnchos, calas, margaridas e outros verdes e flores para o último día de abril prepara o maio da escola, ademais achegaron laranxas e ovos baleiros para as grilandas. Este curso fixemos 3, o de E.I., o de 1º, 2º e 3º de primaria e o máis grande para os máis vellos da escola, 4º 5º e 6º de E. Primaria.
Todos os nenos e nenas axudaron na realización do maio, os máis pequenos coa colaboración das familias e os maiores, xa máis autónomos, coa axuda dos mestres e mestras.
Fixeron grilandas de calas i hedras, prepararon as flores, puxeron o verde, etc.
Fixeron grilandas de calas i hedras, prepararon as flores, puxeron o verde, etc.
Logo dunha 1ª parte da mañá de traballo veu o momento da festa: Desfile e música. Cada grupo amosou o seu maio a todo o cole e cantou a súa cantiga darredor do maio.

O concurso na vila: O 1º de maio, como cada ano o concello organiza un concurso. Os maios reúnense no Xardín de Lombardero e desfilan polo casco histórico, detrás dos gaiteiros e pedindo para o maio, cara a Alameda.
No palco da alameda cántanse as coplas dos maios mentras os xuices valoran os maios, de colexios e asociacións culturais principalmente.
| Díptico das nosas coplas dos Maios. |
| Letra das coplas dos 3 Maios. |
Todos os maios fomos premiados cunha bolsa cun agasallo e unha merenda. E ademais un diploma para os gañadores.
Que ben o pasamos e canto aprendimos! Ollade nesta montaxe!















No hay comentarios:
Publicar un comentario