jueves, 29 de enero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

 Hoxe na Bibliocouceiro ocorreu algo moi creativo, alguén creou a palabra PAZ cos legos.



O motivo foi que hoxe celebramos no cole o DÍA DA PAZ, cantamos a canción de Juanes despois de que o alumnado de sexto lera un emotivo manifesto.


Despois o alumnado foi visitando unha exposición de libros coa temática da paz e completamos os murais que nos deixaron os compañeiros e as compañeiras do terceiro ciclo.


Feliz Día da Paz. Güino.


lunes, 26 de enero de 2026

BIBLIOCOUCEIRO CREATIVO

 Aquí deixo o que crea o alumnado no tempo de recreo.


Güino

viernes, 23 de enero de 2026

PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA

 Co gallo do tema do PDI deste curso, recibimos un artesano no noso cole que nos amosou como se elabora artesanalmente instrumentos musicais tradicionais galegos.



Pandeiro, pandeira, pandeireta, tambor, bombo, carraca, trécola, tarrañolas, pitos ...
E tamén instumentos feitos con elementos naturais como unha buguina.


Despois cada alumno e alumna creou un carrizo que utilizaremos como instrumento de acompañamento na canción do Día da Paz.
Güino

jueves, 8 de enero de 2026

PDI ARTESANÍA QUE NACE DO MAR

 O alumnado de segundo ciclo xa traballou a Artesanía que nace do mar no Nadal. Crearon tarros con un elemento do mar, o sal que colorearon con xiz.


Tamén decoraron cunchas cunha técnica chamada decoupage. Quedaron moi chulas!!!

Güino.

viernes, 19 de diciembre de 2025

Celebración do 50 aniversario do cole

 Colaboramos nesta celebración do centro facendo unha exposición das Revistas que están catalogadas no "Xardín do Pasatiempo".


Tamén creouse un Güino feito de globos. Encántame!!!


Güino.




martes, 16 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS DE NADAL 2.025

 

 

Deixo aquí unhas recomendacións lectoras para este Nadal.

Güino.

miércoles, 3 de diciembre de 2025

PDI. ARTESANÍA QUE NACE DA TERRA. Visita ao Castelo de Santa Cruz e museo de olería

 O alumnado de 5º visitaron o museo de olería e o castelo de Santa Cruz no concello de Oleiros, traballando coa investigación do PDI que elixiron, "Artesanía que nace da terra". Podedes ver o vídeo pinchando na foto.

Güino.

lunes, 24 de noviembre de 2025

PDI. VISITA "PRIMIXENIAS E AS FRAGAS MÁXICAS

 O alumnado de 5º realizou unha visita ás Fragas. Alí obsevaron "Primixenias e a Fraga Máxica". Podedes ver o vídeo  pinchando na foto.

Fixeron un traballo moi interesante despois da visita. Pincha na foto e...


Güino.

viernes, 21 de noviembre de 2025

PDI. ARTESANÍA QUE NACE DA TERRA

 Este é o traballo que están facendo o alumnado do terceiro ciclo.