Un curso máis Alejandro, o bibliotecario, convidou á rapazada do cole a unha interesante actividade de Animación á Lectura.
Nenas e nenos, dende catro anos ata cuarto de primaria, visitaron a Biblioteca Municipal, acompañados dos seus mestres.
Alí, o bibliotecario explicoulles o funcionamento da biblioteca, ao tempo que os invitaba a visitala fóra do horario escolar. Logo, visualizando un conto, animábaos a ler o libro físico. Estos, como todos os da biblio, en préstamo na biblioteca do Concello para todos aqueles que teñan ou fagan o carné.
Todos voltaron ledos logo de coñecer un chisco máis a Biblioteca Municipal, a Alejandro e á mascota da B.M. o SEREO.
Güino debeu falar co Sereo, pois aquí vos deixa unhas fotos da actividade e os videos dos contos que nos presentaron.
Ollade no marcapáxinas co que vos agasallaron o horario, e tod@s a visitar a BIBLIOTECA MUNICIPAL!!!
lunes, 27 de marzo de 2017
martes, 21 de marzo de 2017
Ola poesía, benvida primavera!!!
HOXE O MUNDO É POESÍA
porque xa, hoxe, inconsciente, doce e alegre,
chegou a Primavera.
(Elena Urraca Villalva Quintana )
Para celebrar a chegada da primavera, como cada ano, o noso moble dos libros especiais encheuse de poesía.
Libros que se achegan ás aulas para llenar de música, de ecos, de rimas e sentimentos a "Hora de Ler".
Poesía que se vai filtrando no maxín do noso alumnado e que froitifica nas súas marabillosas creacións lidas no noso "Certame de Poesía" o Día das Letras Galegas.
Este ano,no centenario do seu nacemento, gardade un tempo especial para a poesía de GLORIA FUERTES.
A escritora madrileña, que destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil, achega unha mirada pedagóxica e feminista á literatura.
Na nosa biblioteca tedes varios libros.
Ollade esta montaxe para ter máis información.
Presentación "As cousas que importan"
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria estiveron a traballar nas súas aulas co libro do "Primo Ramón" "As cousas que importan".
Mañá vén "El Primo Ramón" á nosa biblioteca. É un autor especial, mirade!
Xa chegou o día, xa sabemos quen é "El primo Ramón". Son Borja e María. Pasaron con nós a mañá e contáronos o proceso de escritura e ilustración de " As cousas que importan". Tamén fixemos nós de guionistas e de debuxantes. Ao final asinaron os exemplares do seu libro.
Mañá vén "El Primo Ramón" á nosa biblioteca. É un autor especial, mirade!
Ollade o cartaz que nos deixa Güino!
Xa chegou o día, xa sabemos quen é "El primo Ramón". Son Borja e María. Pasaron con nós a mañá e contáronos o proceso de escritura e ilustración de " As cousas que importan". Tamén fixemos nós de guionistas e de debuxantes. Ao final asinaron os exemplares do seu libro.
Etiquetas:
animación,
club de lectura,
escritores,
visitas
miércoles, 15 de marzo de 2017
Conservación do noso medio: Biodiversidade e Reciclaxe
Mentres o Proxecto continúa a súa andaina polas aulas do noso cole, tamén expertos da nosa contorna visítannos para contribuir á nosa formación e á boa marcha do noso labor.
Onte, alumnado de 1º de Bacharelato acompañados por Irene, a súa mestra de Bioloxía, alertounos sobre a destrución dos hábitats naturais, debido a diferentes construcións como as estradas, pistas...; á invasión de especies foráneas, como os eucaliptos nos nosos bosques autóctonos; e o perigo de extinción dalgunhas especies.
Dinamizaron esta actividade ante o alumnado de sexto con gran entusiasmo, vestidos para a ocasión. Como final da xornada elaboraron, entre grandes e pequenos, murais que recollen o aprendido grazas a esta colaboración do IES "Fraga do Eume"
Carlos, o biólogo do Parque Natural,visitou onte a nosa biblioteca. Convidado polo alumnado de 1º e 2º de primaria que está a estudar a flora da Fraga do Eume e polos nenos e nenas de 6º de Infantil que aínda que están a pescudar nas Lendas do Eume teñen moito interese en todo canto se refire ao noso bosque. Deu dúas charlas onde o alumnado guiou a actividade coas súas dúbidas, cos seus intereses, coas súas preguntas.
Onte, alumnado de 1º de Bacharelato acompañados por Irene, a súa mestra de Bioloxía, alertounos sobre a destrución dos hábitats naturais, debido a diferentes construcións como as estradas, pistas...; á invasión de especies foráneas, como os eucaliptos nos nosos bosques autóctonos; e o perigo de extinción dalgunhas especies.
Dinamizaron esta actividade ante o alumnado de sexto con gran entusiasmo, vestidos para a ocasión. Como final da xornada elaboraron, entre grandes e pequenos, murais que recollen o aprendido grazas a esta colaboración do IES "Fraga do Eume"
Hoxe foi Pedro, o experto en reciclaxe e reutilización da empresa que trata os residuos do Punto Limpo Municipal, o que veu a estar co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Concienciounos da importancia da reutilización e dunha boa separación de residuos para a súa reciclaxe. A importancia vital para o medio ambiente da nosa colaboración co tratamento de residuos.
Deixounos ademais información para as familias e colectores para o noso cole.
MOITAS GRAZAS A TODOS!
lunes, 13 de marzo de 2017
Sendeirismo polas fragas
Unha das ventaxas de vivir na nosa vila é que estamos ás portas dun Parque Natural tan marabilloso como o das Fragas do Eume.
O alumnado de 4º de Primaria que está a realizar unha investigación sobre os animais vertebrados da fraga foi,aproveitando o bo tempo da semana pasada, a pescudar no parque.
Alí recibiunos un guía,Carlos, que é biólogo. Ademais de darlles a información que precisaban, acompañounos polos sendeiros que percorren a fraga a carón do río. Mentres, lles comentaba os carreiros polos que baixaban os corzos e os xabaríns ;as pegadas nas cascas das árbores, nos musgos, no chan,; os escrementos que deixaban os diferentes animais,etc.
Ollade que mañá tan productiva e divertida pasaron!
Agora que xa están a rematar coa fase de recollida de información comezan a elaborar murais e ata un libro que reflicta o traballo feito.
Seguro que aprenderemos moito sobre as aves, mamíferos, répiles, anfibios e peixes, grazas a os de cuarto!

PDI "As Fragas do Eume", actividades interactivas.
Lembrades o conto tan bonito que inventaron nas aulas de primeiro e segundo de primaria a comezos deste trimestre?
Si, aquel que no que CARBALLÓN nos falaba da fraga do Eume e do PAXARO DA PAZ. Aquel para o que os máis pequenos de Primaria fixeron uns debuxos ben bonitos. Aquel que contaron no kamishibai coa axuda dos nenos e nenas de sexto na Semana da Paz
O seu título é ..."A paz chegou ás Fragas do Eume".
Pois agora temos unhas actividades LIM e con elas lembraremos o conto ao tempo que nos decatamos de canto aprendimos grazas ás profes e ao alumnado de 1º e 2º.
Premede na imaxe!
Traballo ben feito, moitas grazas✌!!!

domingo, 5 de marzo de 2017
Entroido na escola
Este curso o Carnaval do cole centrouse nas Fragas do Eume pois o PDI dabanos moito xogo tamén para esta festa.
A flora, a fauna, as xentes da fraga, todos estiveron representados no noso Antroido, invadiron as rúas da vila e encheron o Pavillón Municipal coas súas cantigas e a súa alegría.
Os peixiños de Infantil cantáronlle ao Eume, o alumnado de Primaria aos animais, aos fentos,aos carballos, ao aire puro,ao turismo sostible do Parque Natural,...
Ollade que cantigas tan elaboradas e mirade nos videos o pasarrúas, as actuacións das comparsas e ata a Queima do Antroido como Fin de Festa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)