viernes, 19 de diciembre de 2008

Bo Nadal


Fixemos este Belén
con plastilina e ilusión,
para celebrar o Nadal
con panxoliñas e turrón.

Xa temos mascota!!

Xa temos mascota. Despois de fortes deliberacións, cunha actitude democrática sen precedentes, un xurado formado por alumnos do Centro escolleron a GÜINO. Este pingüino procedente dos fríos polares, onde as noites invernais son case eternas, onde hai moito, moito tempo para ler, para saborear os bos libros, as mellores pelis, a boa música de todo o mundo,... é un experto en presentarnos a todas e todos as novidades que se produzan na biblioteca, as actividades que dende a mesma se propoñan, os actos e encontros que nela van suceder e, en definitiva, vai ser un bo amigo quen nos vai aconsellar e que sempre vai estar connosco.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Mascotas para a nosa biblioteca


No corredor do colexio están expostas as numerosas mascotas creadas polo alumnado do centro para elexir unha. ¿Cal será a mascota da biblioteca? . O xurado está a deliberar... Axiña teremos a nosa mascota. Graciñas a todas e todos pola vosa participación e entusiasmo.


Concerto didáctico




O Xoves, 11 de decembro, celebrouse un concerto didáctico, baixo o patrocinio do Concello de Pontedeume, a cargo dun trío de corda de Santiago de Compostela. Dito concerto estivo dividido en tres sesións nas que participou todo o alumnado do centro. Os músicos interpretaron varias pezas segundo as idades dos nenos e nenas, e fixéronos partícipes destes instrumentos e dos seus sons.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Contacontos



O pasado mércores, 26 de novembro, tivo lugar unha sesión de contacontos promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro do seu proxecto "CONTOS PARA FALAR", organizada polo Concello de Pontedeume baixo a supervisión conxunta do CEIP de Andrade e do CEIP Couceiro Freijomil. Participaron alumnos de E. Infantil (4 e 6 anos) , do Segundo e do Terceiro Ciclos de Primaria do noso Centro. Ao rematar o evento foron agasallados, coa entrega dunha camiseta e do libro desenvolvido na sesión, pola Editorial Rodeira.