23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de "Cantares galegos" ou "Follas Novas" tamén se converte nunha das bases da identidade galega.
Este ano, Güino convídanos a traballar os poemas de Rosalia de Castro dende hoxe ata o día da poesía para poder realizar unha recompilación entre todos. Tomando como base o libro: "Rosalia pequeniña" cada nivel terá que escoller un dos poemas que se atopan nel para traballalo na aula e facer unha presentación do mesmo para o resto dos compañeiros/as o día da poesía (21 de marzo).
Deixámosvos unha pequena biografía desta escritora.