lunes, 30 de octubre de 2017

Güino responde...

Leva uns días a nosa mascota ben atarefada, pois está a recibir as botellas con novas mensaxes, e moitas delas codificadas con bandeira ou con códigos novos.























Logo de decodificalas e enterarse das vosas respostas está contestando.



Mirade que mensaxes está a enviar coa axuda do seu equipo de mantemento.










As dúas mensaxes, tanto a de 5º como a de 6º  teñen unha pista para que comecen a súa investigación...Menuda sorpresa que lles preparou Güino!

miércoles, 25 de octubre de 2017

Comeza o proxecto ao pé do cole e preto do mar.

O noso proxecto xa zarpou. As mensaxes de Güino semella que motivaron aos nenos a comezar a súa investigación, pescudando en vez de "Alén do mar", aquí, ben pretiño, pois o noso cole está tan pegado ao mar que os días de mareas vivas, cando sube a marea, semella que o mar tamén quere vir á escola.

Ollade premendo nas imaxes o que fixeron os pequenos e os grandes de primaria.






PREPARANDO O SAMAÍN

Novamente chega o TEMPO DE SAMAÍN.

Cando os días son cada vez máis curtos e escurece cedo, é hora de ir na busca dunha cabaza e coa axuda dos adultos tallala para facer unha caveira terrorífica.

Este luns,30 de outubro ,traédea  ao cole:
Cal será a máis espantosa, a máis grande, a máis orixinal, e a máis pequecha?
Sen dúbida teremos unha exposición moi surtida e variada que deixaremos o martes fóra para meterlles medo a todos os que pasen polo peirao.

Pero antes da exposición...:





 E ademais das LECTURAS A ESCURAS na HORA DE LER o alumnado de 5º e 6º está preparando "CONTOS DE  MEDO NO MAR" para o alumnado de Primaria. 

Lembrade tamén visitar a exposición que preparou Güino, seguro que atopades ideas para este Samaín!


Mirade que agasallo nos deixa o gardán da nosa biblioteca!!!




Cantamos co Karaoke???

DÍA DA BIBLIOTECA

Que ben o pasamos onte! 

Os mensaxeir@s de Güino visitaron todas as aulas, carrexando unhas maletas ben grandes e ben cheas de fantasía, aventura, informacións,...








O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre as aulas do ciclo ou nivel.

Mirade aquí que boa acollida tiveron!






Ademais, onte mudou a entrada da nosa "biblio":
Os andeis de novidades enchéronse coa exposición de "CONTOS DE MEDO". Hai libros para todas as idades e sobre bruxas, sobre monstros, sobre o Samaín, outros que tratan dos medos ou da morte.
 Este Güino xa anda liándonos co Samaín!

E continúa a exposición da entrada do "cole" con libros do noso proxecto "Alén do mar".
Canta actividade!














miércoles, 18 de octubre de 2017

Ti tamén contas: Teatro e valores.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.






Esta asociación achegouse ao nosos cole hoxe co espectáculo  "TI TAMÉN CONTAS"posto en escena pola "TROPA DE TRAPO" que combinou historias contadas con música en directo cun obradoiro participativo.





Tanto o alumnado ( 3º, 4º, 5º e 6º de primaria)  como o profesorado pasaron un bo rato de diversión e reflexión, a partires de tres contos: "O home feliz", "A pelota" e "Tumbe".










                                                                         

 Ao remate dos contos debateuse co alumnado a relación entre a abundancia e a felicidade, o traballo infantil e as súas consecuencias ou a importancia da cooperación e a solidariedade.








E logo o debate continuou nas aulas. Estupenda experiencia!

martes, 17 de octubre de 2017

BOTELLAS CON MENSAXES

Esta mañá Güino contounos a aventura que viviu a remates de verán. Lembrádela?




Aquí a tedes!




Todos vós xa tedes nas aulas as vosas botellas:



















Ollade que chea estivo a biblioteca hoxe. Tod@s esperando pola súa botella!!




 Agora toca descifrar as mensaxes.



Aquí volas deixamos!!





PERGAMEO EDUCACIÓN INFANTIL








PERGAMEO 1º E 2º PRIMARIA
PERGAMEO 3º E 4º PRIMARIA 
PERGAMEO 5º E 6º PRIMARIA



Veña, a pescudar! Todos nós imos axudar a Güino, non?
Xa está esperando as nosas cartas!