O equipo de mantemento da biblioteca é o
alumnado de quinto de Primaria.
Co obxectivo de involucrar ao alumnado na
colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de
explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e
entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero
desenvolvida dun xeito case lúdico.
De xeito voluntario e por quendas todos os
días despois do recreo axudan ao bo funcionamento da biblioteca: Devolvendo aos
andeis os préstamos, colocando os tellos nas novidades, revisando os materiais
complementarios, recibindo aos pequenos e presentando os actos
extraordinarios,...
A realización desta actividade colaborativa
por parte do alumnado valórase moi positivamente en relación cos valores de
solidariedade e compromiso e á adquisición das competencias básicas. O traballo
realizado é recoñecido por todos os membros da comunidade educativa, sobre todo
por parte dos seus compañeiros. A utilización dunha indumentaria identificativa
facilita as súas actuacións e o seu traballo de axuda e colaboración.
Ollade que xa comezaron a traballar!!!
Facilitemos e agradezamos tod@s a súa tarefa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario