Nestes días en que quedamos na casa, en que a comunicación dixital multiplicouse, en que todos e todas estamos máis tempo conectados a través da rede, porque non queda outra. Güino tráevos unha proposta. Atendede!
Mirade algunhas recomendacións lectoras, tamén chamadas "booktraillers" feitas por nenos e nenas maiores. As vosas poden ser máis curtas e sinxelas, coa colaboración de mamá ou papá,...
O importante estes días que estamos na casa é compartir e conectar uns cos outros, non pensades?
Lembrade o enderezo para mandar os vídeos é: bibliocouceiro@gmail.com
Publicaremos as vosas recomendacións lectoras neste blog. Xa estamos esperando!
Xa chegou a primeira, claro tamén valen as recomendacións das profes, dos profes, das mamás e dos papás.
Todos estes libros e moitos máis poderedes lelos, gratuitamente na plataforma Galicia Le. Coa axuda de mamá ou papá preme e infórmate! Poderas ver, ler, escoitar na tablet, no ordenador ou no libro dixital entrando nesta páxina.
Bo día! Como imos estar moitos días sen visitar o "Xardín de Pasatempo", nen ningún outro parque ou xardín, Güino convídavos a ler, ver videos, realizar actividades lúdicas na casa e sobre todo a coidarvos moitos e seguir as indicacións dos vosos pais e das autoridades sanitarias para que o coronavirus non vos visite .
Que marabilla de vídeo fixemos entre todas e todos! Mirade!
Lembrade as propostas para cada titoría:
Escoitade estes contos que nos falan dun xeito sinxelo do coronavirus e da importancia de quedarnos na casa:
E esta canción que é unha das máis populares destes días de aislamento.
Hoxe, 24 de marzo, enterámonos da morte de Uderzo, coautor de Axtérix e Obélix. Deixámosvos a ligazón á noticia e dúas películas das súas aventuras.
Preme e infórmate!
Aquí vos deixamos, tamén,videocontos para pasar o rato dende a rapazada de infantil ata os máis vellos do cole:
E outros para ler:
Tamén outro tipo de actividades para realizar só ou en compaña:
E a prensa do día para estar informado@s! Ollade ben todas as seccións, tamén veñen revistas infantís!
Agardamos que pasedes estes días o mellor posible. Ata a volta!
Unha gran xornada de convivencia entre alumnado de 1º a 4º de E. Primaria, mestres e mestras e familias, participando activamente para crear unha conciencia medio ambiental, que é un dos obxectivos que estamos a traballar dende Illa Fantasía no noso colexio, tivo lugar o pasado 10 de marzo.
Unha mobilización para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza e que puxemos en práctica coa recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este curso cadra en domingo polo que adiantamos a venres a presentación do mural que realizaron os nenos e nenas maiores da escola. 5ª e 6º.
Eles e elas coñeceron o Día da Muller e Nena na Ciencia a figura María Wonenburger, matemática de gran prestixio. Da man de dúas profesoras da Universidade da Coruña, Ana Tarrío e Mº José Souto, descubriron o labor profesional desta científica de renome universal e a pegada que deixou na súa traxectoria o feito de ser muller.
6º A e 6º B, utilizando a banda deseñada, achegan esta salientable matemática a toda a Comunidade Educativa.
Mª Wonenburger, con moito esforzo triunfou nun mundo moi masculinizado e rematou axiña o seu labor profesional, a pesar da súa gran valía, probablemente marcada pola súa condición feminina nunha sociedade chea de estereotipos machistas. Por estas razóns, entroutas, María Wonenburgeré a MULLER do noso 8 de MARZO.
O venres poderemos coñecela a través dos cómics que presiden o mural do 8 de Marzo, Día da Muller.
O alumnado da Illa fantasía está a traballar na elaboración do LIBRO VIOLETA. É unha recompilación de mulleres poderosas: Concepción Arenal. Maruja Mallo, Malala, Ángeles Alvariño,Marie Curie, Margarita Salas, Rosalía de Castro...ata as súas mamás e as mestras da escola!
Dentro do Proxecto de Animación á Lectoescritura, a Capitá Mariana, muller emprendedora, valente capaz e libre propúxolles esta actividade que fomenta o empoderamento da muller.
Ollade que portada tan vistosa!
Dende a Biblioteca, Güino e o seu equipo de colaboradores e colaboradoras están moi atarefados preparando a selección de libros cos que podades traballar e gozar a partires do día 8,
mentres tanto podemos ver algún deles todos xuntos e logo reflexionar,falar, debater sobra as súas mensaxes.
CONTOS POLA IGUALDADE:
O Día Internacional da Muller, é unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade; mais tamén queremos que sexa un día de festa, da festa da igualdade entre homes e mulleres que non somos nin máis nin menos senón iguais. E en todas as festas acompáñanos a música. Aquí tedes unha escolma de cancións.