lunes, 20 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013...

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS naceu no ano 1963, hai xa cincuenta anos, co gallo da celebración do centenario da publicación  da  primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, CANTARES GALEGOS  de  ROSALÍA DE CASTRO  e que neste mesmo curso celebramos o 150 aniversario.
 Rosalía, Castelao, Curros Enriquez,….Lois pereiro, Paz Andrade  e este ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

O alumnado de sexto, como todos os anos,  preparou a presentación do dramaturgo,  actor, director, …pioneiro do teatro profesional galego ROBERTO VIDAL BOLAÑO. A presentación consistiu nunha dramatización, moi orixinal e moi adecuada, na que se fixo un repaso á vida, actividades e obra da figura homenaxeada este ano para coñecela un pouquiño mellor.

Posteriormente deu comezo a fase final do V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e a entrega de premios. Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos traballos presentados. Grazas tamén ao bo facer do gaiteiro, das pandereteiras e do bombo que amenizaron os intermedios do certame coas súas interpretacións.

PREMIOS:
PRIMEIRO CICLO:  Victoria Rodríguez  2º A (1º premio)
                                     Sabela   Dopico 1º A
                                     Carlota Veiga  2ºB (finalistas)

SEGUNDO CICLO:   Héctor Arias 1º B (1º premio)
                                    Álvaro Crespo  3º A  
                                    Álvaro Allegue  4º (finalistas)

TERCEIRO CICLO:  Sara Piñeiro   6º A (1º premio)
                                     Daniel Arias   5º B 
                                     Sara Allegue  6º B (finalistas)


Por último foi interpretado o HIMNO GALEGO polo grupo de frautas do centro e rematou o acto con todos os asistentes  cantando e bailando   coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!

Visitounos Iago...

O alumnado do PRIMEIRO CICLO de primaria tivo a  oportunidade de compartir un tempo de CONTACONTOS  con  IAGO que acudiu á nosa biblioteca a contarlles  o conto titulado  LINDA Á ESPREITA.

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo...

O alumnado disfrutou e participou coas aventuras de LINDA e pasou un rato estupendo na nosa biblioteca... Grazas, IAGO!!!

lunes, 6 de mayo de 2013

Roberto Vidal Bolaño

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS  está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, dramaturgo, actor, director,...pioneiro do teatro profesional galego. Hoxe traemos ao noso blog, como prólogo das vindeiras xornadas,  esta presentación realizada por XOAQUÍN FREIXEIRO do Ceip Conde de Fenosa e,  como todos os anos, os recursos do SEMINARIO GALÁN (premendo na imaxe) para coñecer o mundo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO e acercarnos ao teatro galego. Ofrecémosvos tamén dúas cantigas de PACO NOGUEIRAS NODAR, a primeira leva por título ESPÍRITO VIDAL BOLAÑO adicada ao persoeiro homenaxeado este ano, e a segundo titulada MEU O MUNDO É!!!  que nos invita a comunicarnos e a utilizar a nosa lingua. SEMPRE EN GALEGO!!!
O noso agradecemento por compartir estes estupendos recursos.



domingo, 5 de mayo de 2013

Os Maios

Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS
A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio. Posteriormenmte na realización (véspera do primeiro de maio)  participan  o alumnado, os pais/nais,  o profesorado... 
Catro son os maios elaborados, un por ciclo. Nos días previos os traballos nas diferentes aulas  céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. Cantigas de maio que teñen unha letra orixinal (traballo do alumnado neste mes adicado á poesía) e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares. 
Cando xa está todo rematado, celébrase un desfile no colexio coa interpretación das cantigas e que este ano   tivo como colofón a posta en escea dun baile tradicional na nosa vila,   a DANZA DO BIOUTEIRO, grazas aos ensaios da  mestra xubilada Cristina Sarmiento.  
A festa continúa coa participación,  o 1 de maio,  na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello, de gran tradición,  na que este ano o noso centro acadou dous premios, un ao maio e outro á cantiga do TERCEIRO CICLO
Parabéns a tod@s!!!