jueves, 15 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

Un ano máis chega o tempo de inverno e con el o tempo de estar na casa ao abrigo.
O Nadal é unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!
Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito! libros de misterio, de aventuras, de fantasía...; en galego, castelán, inglés e francés; libros para  os máis pequenos e para os maiores. 
Libros para toda a familia, que xa enchen os corredores da nosa escola  para que lles poidades botar un ollo antes de pedilos como agasallo nestas festas.
Podedes coller un tríptico aos pés de Güino! E se o preferides imprimir na casa volo deixamos nesta entrada.
Bo Nadal a todos e todas!
















O alumnado e profesorado do centro tivo a oportunidade de visitar esta exposición que remata un longo trimestre cheo de actividades. Vos deixo algunhas imaxes.











martes, 13 de diciembre de 2022

PDI INFANTIL 3 ANOS

Arrancaron co PDI  os nenos e nenas de 3 anos "Viaxamos aos polos!".   3 anos A serán As Baleas e 3 anos B  Os Osos Polares!

Os pequechos e pequechas da escola atoparon uns bloques de xeo. Dentro parecía que había animaliños pero non o tiñan moi claro... Así que o primeiro que tiveron que investigar foi como derretir o xeo. Deciden botarlle auga con pipetas, como se foran científicos/as e... que apareceu??? Animais!!!! Descubriron  como se chamaban, onde vivían . E como tiñan moitas dúbidas non lles quedou outra que investigar para aprender moitas cousas. 

Se premedes na imaxe atoparedes máis información.























jueves, 1 de diciembre de 2022

E CHEGOU O DÍA- 25N

Despois dun tempos raros nos que tivemos que facer actividades en grupos burbulla este curso conmemoramos TODOS XUNTOS o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o luns 28 de novemebro todos xuntos.
Cada grupo na súa clase preparou a súa parte dos entandartes. Aquí vos deixo imaxes do proceso.









Este foi o produto final que expusemos na entrada da nosa escola.





E todos xuntos cantamos a canción dos secretos "Déjame". Aquí vos deixo o vídeo.