Os nenas e nenas de 4º fixeron as súas propias poesías. Espero que vos guste moito.
Parabéns!
Os nenas e nenas de 4º fixeron as súas propias poesías. Espero que vos guste moito.
Parabéns!
A poesía que recitanos nenos e as nenas de 1ºB de Educación primaria , pertence ao libro "Soños na Gaiola" que Manuel María que adicou aos pequenos, inspirándolles o que é Galiza e onde está: "En ti tes que atopala".
Parabéns!
Por fin volven as visitas presenciais á nosa escola respectando en todo momento, de maneira escrupulosa, as medidas sanitarias que temos previstas no noso protocolo.
O alumnado de 5º de Educación Primaria acaba de rematar o libro de María Canosa "A cazadora de Estrelas" e tivemos a gran sorte de contar coa visita na nosa escola desta autora galega o xoves 22 de marzo.
No seguinte vídeo atoparedes un resumo da experiencia.
O alumnado de 3º curso de Educación Primaria recitaron e ilustraron poemas de Antonio García Teijeiro. Un traballo moi bonito que queren compartir con toda a comunidade educativa do CEIP Couceiro Freijomil.
Parabéns!
Este curso 2021-22 os alumnos de 5º gozaron da lectura do libro de María Canosa "A cazadora de estrelas". O xoves 24 de marzo contamos coa presenza de María na nosa biblioteca.
Falounos das dificultades que teñen os escritores para poder vivir desta disciplina, é por iso polo que Canosa teñen que compaxinar a súa paixón como escritora con outras actividades. Aos alumnos encantoulles que lles asinase o seu libros.
Neste libro María conta a historia de Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.
Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.
Deixámosvos un resumo fotográfico desta actividade. Esperamos que vos guste.
Biquiños
Os nenos e nenas de 2ºA recitan o poema Canción de Primavera de Ayes Tortosa.
Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria estiveron a traballar o libro de "Versos viceversos" que podedes atopar nos andeis da nosa biblioteca. Fixeron unha selección de poemas que vos recitan a continuación.
Espero que vos guste moito.
DÍA DA POESÍA
Hoxe presentamos as poesías elaboradas polo alumnado de de sexto.
No primeiro trimestre achegáronse ao século XIX, á pintura impresionista, ao seu tratamento da luz e da cor e ás diferentes visións do mundo vexetal con catro autores Monet, Klimt, Pissarro e Sargent e en catro das súas obras: “O almorzo”, “A árbore da vida”, “ Os castiñeiros de Louveciennes” e “Caravel, lirio e rosa”.
Logo de realizar unha ficha técnica de cada cadro, observaron as características da época e coñeceron o autor e a súa obra , estudaron as cores cálidas e frías e as diferentes percepcións dunha mesma realidade variando a cor. A continuación, unindo a pintura coa literatura redactaron textos narrativos e textos líricos.
E que mellor data para dar a coñecer as súas rimas que o Día da Poesía!!
Aquí queda a videomontaxe. Os caderniños que recollen o produto final desta actividade estarán na biblioteca para que todos poidades ver o traballo realizado.
O 7 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil pasou momentos maravillosos cheos de contos grazas a Paco Nogueiras que veu coa súa maleta cargada de libros e acompañado do seu acordeón co que puxo música a esas fermosas historias. A maioría deses libros podedes atopalos nos andeis da nosa biblioteca así que espero veros moi pronto.
Biquiños!
O alumnado de 6º acaba de rematar o Club de Lectura co encontro coa escritora do libro que lles achegou á selva amazónica, "A folla azul", ás súas tribos e aos problemas medioambientais.