Co gallo do Día do Libro, durante a semana fixemos diferentes actividades, en concreto, un obradoiro titulado "A narración desde o teatro de movemento" que dirixiu María Torres. Pola mañá, participaron as alumnas e alumnos de sexto de Ed. Primaria. Pola tarde, participaron diferentes familias que disfrutaron dunha sesión moi divertida e emotiva.
Achégase o 23 de Abril e como cada ano Güino ten preparadas actividades.
Xa saberedes doutros anos, mais nunca está mal lembrar, a razón da celebración nesta data e non doutra calquera, xa que calquera día e bo para festexar a lectura.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Garcilaso de la Vega.
Déixovos unhas fichas con información sobre o Día do Libro e sobre Miguel de Cervantes.
O 25 de marzo recibimos a visita dun mariñeiro do noso pobo, Manolo. Estivo unha sesión con nós contándonos a súa experiencia no mar ademáis de ensinarnos a CONFECIONAR REDES.
Neste Día da poesía recordaremos o certame de poesía que tivo lugar no noso cole o día 27 de febreiro. Co gallo do Día de Rosalía De Castro (23 de febreiro) celebramos este acto nesa semana para o alumnado e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Achegáronse ao Certame de poesía, poetas como: Amalia Díaz Rodríguez, Xoan Pedreira, Edita Nogueira, Francisco Vila Fuentes, Ji Graña Muíño, Raquel Rodios, Carmen Presedo, J M Espiñeira e Santiago Rodríguez.
Como remate do Encontro deixáronnos un agasallo precioso, un romance de cego adicado a nós. Podedes ver o video se picades na seguinte foto.
Tamén recitaron romances de cego o alumnado de 6º de Ed. Primaria.
Ao día seguinte algún dos escritores deixaron unhas verbas e uns poemas preciosos nas redes sociais. Deixamos aquí a mostra do escrito e se picades accededes ao enlace onde foi colgado.
O alumando de 3ºciclo de Ed. Primaria fixeron unha saída didáctica á fabrica de cerámica de Sargadelos, correspondendo coa investigación sobre a artesanía de oleiría.
A exposición de libros sobre MULLERES, recibiu visitas do alumnado ao longo desta semana. Destacamos ao alumnado de 6ºA que baixaron para completar un traballo de investigación sobre Malala.
Quedámonos coa frase "Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo".
Co gallo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, e xunto co noso traballo de investigación, recibimos un grupo de Mulleres Rurais de Cabanas que amosaron ao alumnado como se traballa artesanía da cestería, o fiado de lá e como facían bonecas coas follas do millo.
Aquí queda unha mostra do que nos ensinaron. Güino.
O alumnado de 3º Ed. Primaria, leron o libro "Os peido máxicos de Sultán" e a súa escritora visitounos este xoves 5 de marzo. Foi un club de lectura moi interesante.
O pasado venres 27 de febreiro, como remate da semana que adicamos a nosa escritora Rosalía de Castro, celebrouse o Certame de Poesía como tiñamos previsto.
Varios escritores da contorna achegáronse ao Salón de Actos do centro e recitáronnos varias poesías, de escritores como Rosalía De Castro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María .... e outros escrito por eles mesmos.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria escoitaron moi atentos e foron partícipes do acto.
Bibliocouceiro nesta derradeira semana de febreiro propón actividades coa coincidencia do Día de Rosalía de Castro.
Deixamos aquí o cartel proposto para o Día de Rosalia de Castro 2.026 pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
mais eles tamén perdidos
O venres 27 de marzo celebrarase un Recital de Poesía para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Pedíronnos que antes de asistir ao acto investigaramos sobre o ROMANCE DE CEGO (deixo unha infografia con dous vídeos por se son de interés).
Hoxe na Bibliocouceiro ocorreu algo moi creativo, alguén creou a palabra PAZ cos legos.
O motivo foi que hoxe celebramos no cole o DÍA DA PAZ, cantamos a canción de Juanes despois de que o alumnado de sexto lera un emotivo manifesto.
Despois o alumnado foi visitando unha exposición de libros coa temática da paz e completamos os murais que nos deixaron os compañeiros e as compañeiras do terceiro ciclo.
Co gallo do tema do PDI deste curso, recibimos un artesano no noso cole que nos amosou como se elabora artesanalmente instrumentos musicais tradicionais galegos.