lunes, 17 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Achégase o 23 de Abril e como cada ano Güino ten preparadas actividades.

Xa saberedes doutros anos, mais nunca está mal lembrar, a razón da  celebración nesta data e non doutra calquera, xa que calquera día e bo para festexar a lectura.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo,  Garcilaso de la Vega.

Este ano o Día do Libro cae en DOMINGO o sábado o poderedes  festexar coas vosas familias asistindo ás actividades que organiza o Concello e a Biblioteca Municipal. Sempre hai música, contacontos, postos das librarías,...  Seguro que aproveitades para que vos merquen algún libro como agasallo.

Se premedes no enlace poderedes atopar máis información.

 RECURSOS PARA COÑECER O QUIXOTE




Vos deixo unha fichaa para completar a información sobre Miguel de Cervantes.


No hay comentarios: