lunes, 24 de junio de 2013

As recomendacións de Güino para este verán

Güino e os seus colaboradores desexamos que pasades un verán estupendo, con tempo para xogar, descansar, ir a praia... e tamén para pasar un bo rato desfrutando dunha gran aventura a través dos libros. 

Así que, como cada ano por estas datas, preparamos para vós con moito cariño está selección de libros e contos que recomendámos dende Xardín do Pasatempo:

Esperamos que as desfrutedes moito e que nos contedes as vosas impresións ou opinións. Gozade moito e vémonos en Setembro!!!

viernes, 21 de junio de 2013

Tastarabás




O pasado 23 de maio asistimos,  na BIBLIOTECA MUNICIPAL de PONTEDEUME,  á presentación do libro de ANTÓN CORTIZAS "TASTARABÁS", froito de dez anos de traballo deste escritor da nosa bisbarra e que tivemos a honra de ter varias veces no noso centro.

TASTARABÁS é  unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, ANTÓN,  ofrece a través de máis de mil páxinas e duas mil cincocentas fotografías, un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. 

Estamos seguros que esta fermosa  obra contribuirá decididamente á recuperación do xogo tradicional. 

Grazas e parabéns, ANTÓN!!!


domingo, 16 de junio de 2013

Querido Balbino

O pasado día 13 de xuño tivemos o privilexio de asistir a un ENCONTRO CON XOSÉ NEIRA VILAS con motivo da exposición QUERIDO BALBINO: 1961-2011 CINCUENTA ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO que tivo lugar na CASA DA CULTURA  de PONTEDEUME  e  que reuniu ao alumnado de SEXTO DE PRIMARIA e PRIMEIRO CICLO DA  ESO de todos os centros do concello. 

Foi un encontro entrañable cun dos GRANDES das nosas Letras, afortunadamente vivo, e que explicou ao alumnado todo o mundo de BALBINO, da sociedade galega da época, dos seus  anos lonxe de GALICIA (Arxentina, Cuba,...) e das circunstancias desta exposición (artistas galegos actuais como Xaquín Marín, Siro López,...)  que conmemora os cincuenta anos dunha obra imprescindible na cultura galega. 

Finalmente as preguntas dos nen@s, que foron moitas e moi atinadas, encheron de vivencias e emocións o acto. 

Sempre connosco, D. XOSÉ!!!