martes, 28 de febrero de 2017

Día da Muller

O 8 de Marzo festéxase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Neste día, como en todos os días da nosa escola, educamos e medramos construíndo en igualdade




Güino déixanos este videoconto para visualizar na biblioteca, nas aulas e nas casas ;logo reflexionaremos e  meditaremos sobre a súa mensaxe e a actualidade, ou non, da mesma.





Tamén recoméndanos este libro, MARUXA, que ademais podedes coller prestado da exposición do Día da Muller da nosa biblioteca





Este ano ao coincidir o Día de Rosalía co Antroido o alumnado de 5º e 6º decidiu adicarlle  o Día Da Muller Traballadora a Rosalía de Castro e nas súas aulas  falaron de Rosalía de Castro e do feminismo pois ela foi unha feroz defensora das mulleres oprimidas socialmente e combateu contra a discriminación e maltrato de xénero.



Analizaron, fixeron debuxos, recitaron..., principalmente dúas poesías: Xan e A xustiza pola man.

GÜINO achegoulles estes dous videos para motivar as súas actividades:

Güino 








E eles, os nenos e nenas máis vellos da escola, recitarán para todos nós o vindeiro mércores Día Internacional da Muller.

Ademais en todas as aulas recibiremos un conto da


Exposición Monográfica do Día da Muller.



Cada grupo  achegarase para recoller o libro que centrará o Hora de Ler desa data.
 Libros que contribuirán a traballar nas aulas a convivencia, a igualdade, a identidade de xénero,etc.

Feliz Día 8 de Marzo a todas e todos!!!

jueves, 23 de febrero de 2017

PDI "As Fragas do Eume"

O proxecto deste curso segue desenvolvéndose en todas as aulas do cole.
Unha vez visitada a escolma bibliográfica da nosa biblioteca, andamos a investigar: Lendas, flora, fauna,arte...

Xa víchedes que kamishibai tan chulo fixeron os primeiros e segundos para o Día da Paz,non?



(Preme na imaxe para lembrar a actividade desa data)


Ollade agora canto aprenderon os nenos e nenas de 5ºB sobre a Arte na Fraga do Eume na súa visita ao Mosteiro de Caaveiro.


martes, 7 de febrero de 2017

OS BOLECHAS E OS PRIMEIROS AUXILIOS

Os libros que chegaron hoxe á nosa biblioteca  forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. 
A maiores esta serie conta cun caderno de actividades que  está nas aulas de 1º , 2º de primaria e 6º de infantil para que os nenos e nenas podan repasar o aprendido nos contos.
GÜINO anímavos a buscalos nos andeis de infantil e primeiros lectores e logo na aula poder lelos,e ademais de aprender como actuar ante calquer pequeno accidente que nos poda ocurrir , realizar os xogos que veñen no libro de actividades.







E aquí GÜINO nos  deixa un xogo da CRUZ VERMELLA que tamén nos axuda a aprender como actuar ante accidentes domésticos.