Preme e infórmate! |
Chegou ao "Xardín do Pastempo" coa guitarra ao lombo e tamén con fantasía, poesía, música e marcha, moita marcha.
As nenas e nenos do club de lectura da man de Ánxela souberon o que é unha verdadeira choiva de ras.
Que é dentro dun conto un protagonista e un antagonista. Quen é que dentro da marabillosa historia protagonizada pola ra RaMona.
Mais tamén, guiados pola guitarra de Ánxela, converteron a poesía que enche a historia de Ramona en pequenas cantigas que a escritora aprendíalles entre explicación e explicación.
O alumnado gozou dunha sesión diferente do club de lectura que continuará dirixido poe Alejandra, Lucía e Sonia, mestras do equipo da biblioteca. Pero agora que xa coñeceron á autora e a súa obra lerán as aventuras de RaMona cunha ollada diferente.
Para rematar a xornada fixeron preguntas, bailaron é Ánxela asinoulles os seus libros.
Grazas ao alumnado pola entusiasta participación, ás profes que dirixen os clubes de 5ºA e 5º B e sobre todo a Ánxela por compartir o seu tempo con nós.
Parabéns!