CLUB DE LECTURA

jueves, 28 de marzo de 2019

Choiva de ras na biblioteca.

Onte visítou o Club de Lectura dos quintos, Ánxela Loureiro. Autora do libro que están a ler: "Choiva de ras".

Preme e infórmate!








Chegou ao "Xardín do Pastempo" coa guitarra ao lombo e tamén con fantasía, poesía, música e marcha, moita marcha. 

As nenas e nenos do club de lectura da man de Ánxela souberon o que é unha verdadeira choiva de ras.



Que é dentro dun conto un protagonista e un antagonista. Quen é que dentro da marabillosa historia protagonizada pola ra RaMona. 




Mais tamén, guiados pola guitarra de Ánxela, converteron a poesía que enche a historia de Ramona  en pequenas cantigas que a escritora aprendíalles entre explicación e explicación.


O alumnado gozou dunha sesión diferente do club de lectura que continuará dirixido poe Alejandra, Lucía e Sonia, mestras do equipo da biblioteca. Pero agora que xa coñeceron á autora e a súa obra lerán as aventuras de RaMona cunha ollada diferente.


Para rematar a xornada fixeron preguntas, bailaron é Ánxela asinoulles os seus libros.

Grazas ao alumnado pola entusiasta participación, ás profes que dirixen os clubes de 5ºA e 5º B e sobre todo a Ánxela por compartir o seu tempo con nós.
Parabéns!


miércoles, 27 de marzo de 2019

Proxecto Intercentros Sisitema Solar. Visítanos Paulino Gasalla

Visitou o noso centro Paulino Gasalla, coordinador de la sección de Astronomía de la Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Da súa ma  o alumnado que participa no Proxecto Intercentros O Sisitema Solar coñeceu novos datos sobre os astros que conforman o Sistema Solar, da Vía Láctea e da vida e tamaño das estrelas.


O público, nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, asistiron entusiasmados polos novos descubrimentos que Paulino lles achegou e curioso, interaccionando con el tanto para amosarlle os seus coñecementos como para trasladarlle as súas dúbidas.







Non houbo tempo para tantas cuestións e o relator propúxolles  unha experiencia diferente: nin máis nin menos que realizar unha viaxe ao universo a bordo dunha nave espacial, con saída desde o planeta Terra, para percorrer o Sistema Solar, a Vía Láctea, satélites, cometas, etcétera. Mais para esta nova  viaxe a actividade será en cada aula.
Xa lles tarda !



Moitas grazas Paulino!!

domingo, 24 de marzo de 2019

Día da Poesía e do Teatro

Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.




O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía  De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 




O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustixa do correxidor".





As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI  "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.

Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:









Dentro do festival, como cada ano, convocamos  o  Certame de Poesía  CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a  presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN. 
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.



Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
 Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!


jueves, 7 de marzo de 2019

Entroido larpeiro!

Tedes información sobre esta festa tamén no blog da Casqueira (EDLG). Premede na imaxe!




Para abrir boca, o esqueleto Manolo cos seus mandadiños vestiunos de cociñeiros e cociñeiras. Mentres o "Antroido" recibíanos cun aspecto repoludo!




 O venres, chefs, pratos ben saudables, o gando vacuno, as froitas...desexaron Bo Proveito! a todo Pontedeume facendo un pasarúas pola vila tan longo como animado.



Logo do desfile viñeron as actuacións das diferentes comparsas, no pavillón diante de familias e veciñanza bailamos e cantamos ao carnaval, este ano máis comellón ca nunca.








Á volta, nas aulas, repuxemos enerxías coa parva con sobremesas propias desta festa aportadas polas familias: Orellas, filloas, flores, etc.



E marchamos de vacacións cansos, ledos e co bandullo cheo a celebrar o Entroido  en familia.

Hoxe, xa de volta, puxemos fin á festa coa "Queima do Entroido", viúvos e viúvas cantamos o "Xa morreu" e choramos a morte do finado, despedíndoo ata o ano que vén.





Que ben o pasamos e canto aprendemos! 

lunes, 4 de marzo de 2019

8 de Marzo, Día da Muller




A nosa exposición está composta tanto por contos como por libros informativos para todas as idades.
 O 8 de marzo, Día da Muller, podedes visitala na entrada do cole, despois trasladarémola para o "Xardín de Pasatempo" Alí poderedes levar como préstamo calquera dos volumes expostos, tanto para as aulas como para as vosas casas.













Ademais da exposición, Güino déixanos estos videos de contos. Podemos velos xuntos e logo reflexionar,falar,  debater sobra as súas mensaxes. 

CONTOS POLA IGUALDADE:






















O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

 Mais tamén queremos que sexa un día de festa, da festa da igualdade entre homes e mulleres que non somos nin máis nin menos senón iguais. E en todas as festas acompáñanos a música. Aquí tedes unha escolma de cancións que soarán nos corredores mentres vemos os libros da exposición e os murais que elaborou o alumnado de 5º e 6º.

 Feliz 8 de Marzo!


















Xa temos completa a exposición de traballos elaborados por 5º e 6º por mor do Día da Muller.
O alumnado de 5º axudado pola profesora de música   investigou sobre mulleres compositoras e utilizando a aplicación Popplet elaboraron uns cartaces con RA.
O alumnado de sexto guiados polos seus mestres titores fixo posters que nos invitan a descubrir as inventoras e os seus inventos.
Animádevos a visitar a exposición!