CLUB DE LECTURA

jueves, 7 de marzo de 2019

Entroido larpeiro!

Tedes información sobre esta festa tamén no blog da Casqueira (EDLG). Premede na imaxe!




Para abrir boca, o esqueleto Manolo cos seus mandadiños vestiunos de cociñeiros e cociñeiras. Mentres o "Antroido" recibíanos cun aspecto repoludo!




 O venres, chefs, pratos ben saudables, o gando vacuno, as froitas...desexaron Bo Proveito! a todo Pontedeume facendo un pasarúas pola vila tan longo como animado.



Logo do desfile viñeron as actuacións das diferentes comparsas, no pavillón diante de familias e veciñanza bailamos e cantamos ao carnaval, este ano máis comellón ca nunca.








Á volta, nas aulas, repuxemos enerxías coa parva con sobremesas propias desta festa aportadas polas familias: Orellas, filloas, flores, etc.



E marchamos de vacacións cansos, ledos e co bandullo cheo a celebrar o Entroido  en familia.

Hoxe, xa de volta, puxemos fin á festa coa "Queima do Entroido", viúvos e viúvas cantamos o "Xa morreu" e choramos a morte do finado, despedíndoo ata o ano que vén.





Que ben o pasamos e canto aprendemos! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario