CLUB DE LECTURA

domingo, 24 de marzo de 2019

Día da Poesía e do Teatro

Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.




O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía  De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 




O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustixa do correxidor".





As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI  "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.

Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:









Dentro do festival, como cada ano, convocamos  o  Certame de Poesía  CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a  presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN. 
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.



Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
 Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario