miércoles, 26 de noviembre de 2008

Contra a violencia de xénero

"Aprende a resolver os conflitos sen violencia. Transmitámoslles aos nenos e ás nenas habilidades para a convivencia cos valores de igualdade e ensinémoslles a falar das emocións propias e das alleas con naturalidade"

Graciñas ao CEIP da Pobra do Brollón

jueves, 20 de noviembre de 2008

Os dereitos dos nenos


Hoxe, 20 de novembro, celébrase en todo o mundo o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.... e no noso centro, tamén....

martes, 18 de noviembre de 2008

Mickey Mouse cumpre 80 anos.

Un 18 de novembro de hai 80 anos nacía para o mundo Mickey Mouse, persoeiro que alegrou a vida de varias xeracións, porque os nosos bisavós, avós e pais tamén foron nenos coma nós, e hoxe é o seu aniversario. Felicidades Mickey!!!!!

domingo, 16 de noviembre de 2008

Hora de ler




O luns 17 de novembro, e ao longo de toda a segunda quincena do mes, poñerase en marcha, de xeito experimental, a HORA DE LER. Despois do recreo, todos os membros da comunidade educativa que permanezan nese momento no centro, e por espazo de vintecinco minutos, adicarán ese tempo á lectura. Lectura silenciosa e libre. Os lectores poderán utilizar o documento lector (bilioteca, biblioteca de aula, personal,...) que considere oportuno e en calquera soporte. O profesorado que atenderá a cada grupo de alumnos será o que imparta a cuarta sesión segundo o horario de clases xa establecido. Unha vez rematada a segunda quincena de novembro avaliarase todo o proceso.

A nosa mascota

Está en marcha un concurso para a elección da mascota da biblioteca no que poderá participar todo o alumnado do centro, ben a título individual ou en grupos. O tamaño non superará ao do folio e poderán utilizar os materiais que consideren oportunos. Xunto co deseño entregarán un nome para esa mascota que deberá ter relación coa palabra biblioteca ou con algún dos diversos elementos da mesma. O prazo de entrega finalizará o 28 de novembro e na primeira quincena de decembro farase unha exposición con todos os traballos entregados. Un xurado decidirá o gañador ou gañadora e o premio será un lote de libros para a biblioteca da súa aula.

Arrincamos!!


O luns 27 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, foi a data elexida para a posta en marcha da biblioteca do noso centro. Dende entón funciona o servizo de préstamo utilizando uns marcadores confeccionados polo alumnado para a realización do mesmo. Seguindo un horario semanal, no que cada aula ten asignada unha sesión, os alumnos/as acuden co seu titor/a á biblioteca para a realización deste servizo e doutras actividades propias da mesma. Este é un xeito provisional de comenzar mentres se realiza a catalogación dos fondos documentais.