jueves, 28 de septiembre de 2017

PINOCHO EN PONTEDEUME

 A marioneta de madeira máis famosa chegou á nosa vila. 

Todos nós xa sabiamos dela, pois Güino ten varios libros coas súas aventuras.




 Pero agora xa a coñecemos moito máis, xa que o conto  de Carlo Collodi, PINOCHO, protagonizou a exposición da Casa da Cultura.






 Esta escheuse de maxia e teatro, de decorados e monicreques. O alumnado de cole que tivo a sorte de visitar a exposición, voltou á escola entusiasmado.





Viron o conto, coa axuda de Catarina Capim  que con esta exposición «interactiva» e «sensorial» pretende achegar aos nenos e nenas ás  ensinanzas da famosa fábula escrita polo italiano Carlo Collodi a finais do século XIX.





 A través de figuras de papel e cartón, interactuando con elas nas diferentes partes da historia; dende que Pinocho era un pedazo de madeira ata que se convertiu en neno. Pasando pola cidade, O País dos xoguetes, o circo, e coñecendo personaxes coma o Grilo ou a Fada Azul poideron apreciar como evolucionou, como medrou Pinocho ante os desafíos que se lle ían presentando.

Noraboa á organización!

Ollade o ben que se portaron e o moito que gozaron da obra desta escultora do papel que é Catalina Capim..




lunes, 18 de septiembre de 2017

Presentación do Proxecto do Mar:

Benvidos a unha nova aventura!

Dende a Biblioteca este curso convidámosvos a aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.

A meirande parte das investigacións deste curso navegarán polo mar, o noso veciño.
Falaremos de peixes, barcos, cantiles, faros,cantigas, festas... 
Xa sabedes que o noso PDI é "O MAR". Agora, que é o que vai centrar o traballo da vosa clase?

Ollade que montaxe nos deixou Gúino para que escollamos o que máis nos interesa.

Soltade amarras! Zarpamos!


domingo, 10 de septiembre de 2017

Comezamos!

Benvid@s ao novo curso! 


Xa está a piques de rematar o verán; mais este ano non imos deixar de visitar a praia, pois este curso  mergullarémonos nun mar de aventuras!

Que andará tramando Güino?

Mentres o descobremos, invitámosvos a ollar na  biblio  os andeis de novidades coas últimas adquisicións.




As vacacións de verán rematan na nosa vila coas "Festas das Peras" e temos unha nova literaria que sucedeu nestas festas:
O 9 de setembro, o Concello relizou varios actos en honra do poeta eumés Ramiro Fonte, autor entre outros do libro de poesía que da nome á nosa biblioteca "Xardín do Pasatempo".

A Biblioteca Municipal levará o seu nome, reeditouse o seu primeiro libro"As cidades da nada" e como remate houbo  un recital onde lembraron a súa figura e a súa obra .

No Recital Ramiro Fonte representaron ao noso colexio os alumnos de primaria gañadores do IX Certame Couceiro Freijomil:  Matías Rodríguez Bellón, Candela Fernández Frenández e Celia Montero Carrera recitando  as súas poesías.

Noraboa para eles! Ollade o ben que o fixeron.