Benvid@s ao novo curso!
Xa está a piques de rematar o verán; mais este ano non imos deixar de visitar a praia, pois este curso mergullarémonos nun mar de aventuras!
Que andará tramando Güino?
Mentres o descobremos, invitámosvos a ollar na biblio os andeis de novidades coas últimas adquisicións.
As vacacións de verán rematan na nosa vila coas "Festas das Peras" e temos unha nova literaria que sucedeu nestas festas:
O 9 de setembro, o Concello relizou varios actos en honra do poeta eumés Ramiro Fonte, autor entre outros do libro de poesía que da nome á nosa biblioteca "Xardín do Pasatempo".
A Biblioteca Municipal levará o seu nome, reeditouse o seu primeiro libro"As cidades da nada" e como remate houbo un recital onde lembraron a súa figura e a súa obra .
No Recital Ramiro Fonte representaron ao noso colexio os alumnos de primaria gañadores do IX Certame Couceiro Freijomil: Matías Rodríguez Bellón, Candela Fernández Frenández e Celia Montero Carrera recitando as súas poesías.
Noraboa para eles! Ollade o ben que o fixeron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario