domingo, 24 de octubre de 2021

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN

O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos o Samaín no cole. Traede as vosas cabazas

Aquí vos deixo unhas suxestións para facer a vosa propia cabaza.




Halloween, Samaín ou Todos os Santos, as celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e chegan ata nós máis ou menos transformadas. Na súa versión máis profana ou xa cristianizadas, todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, que festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa estación escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre os vivos, mellor ou peor recibidos. E desa crenza precisamente derivan moitos dos ritos que se manteñen aínda hoxe.

Despois de séculos de reciclaxe festeira os costumes iniciais indoeuropeos mesturáronse con outros achegados polos romanos e mesmo se lles superpuxo, co tempo, a celebración instaurada pola Igrexa para venerar todos os santos dunha vez. O resultado foi que o sentido da celebración orixinaria se perdeu en boa parte de Europa mais si que se mantivo no esencial no chamado espazo celta. Desde alí, da man dos emigrantes irlandeses, saltou no século XIX ata América, onde curiosamente estes ritos pagáns se popularizaron baixo unha denominación, Halloween, procedente da expresión escocesa All Hallows’ Eve (‘a véspera de Todos os Santos’), que botaba un pouco de verniz cristián para camuflar calquera alento druída.

E por fin, desde os Estados Unidos, e convertido xa máis ben nunha festa de disfraces, o Halloween espallouse a moitos outros países. Entre nós, percibíase certa resistencia a copiar esta moda en principio tan allea pero tamén xurdiu a reivindicación de que aquí, tempo atrás, ese día tamén se andaba metendo medo con cabazas arrepiantes ou con nabos, nos menos dos casos. E, xa que se trataba de volver ás orixes indoeuropeas, recuperouse tamén o nome que se lle daba a este rito na cultura celta: samaín, resultado de combinar no irlandés antigo sam ‘verán’ e fuin ‘fin’.

Do Halloween dos norteamericanos ou do Samaín céltico hai quen di que tan inventado, entre nós, é un coma outro, xa que non hai referencias históricas que aboen a súa autenticidade. Sexa como for, o que resulta innegable é o éxito da proposta, cando menos para as grandes superficies e centros de ocio infantil.

Información obtida do seguinte enlace  https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/

No seguinte vídeo tedes algunhas claves para distinguir o Samín do Hallowen.


En resumo:

No Samaín,celébrase unha festa que comparte a súa orixe co Halloween estadounidense. Porén, non son a mesma tradición e podémolas diferenciar coas seguintes claves:

1) No Samaín non todo son cabazas, senón que aquí usamos máis produtos agrícolas: os melóns, os nabos e incluso as patacas grandes. 

2) No Samaín non existe o 'Truco ou trato'... iso é máis ben cousa dos Estados Unidos.

3) O Halloween baséase no medo porque os espíritos dos que se fala son malignos. Todo o contrario ao Samaín: os espíritos son bos porque nesta tradición recordamos os familiares mortos.

4) En canto á procedencia dos nomes, Halloween vén de All Hallows'Eve, que significa 'véspera de Todos os Santos'. Samaín, pola contra, vén da palabra coa que os celtas se referían a un período de tempo: a fin do verán e das colleitas e o comezo dunha estación escura.

5) Existe outra gran diferenza: nos Estados Unidos non é necesario organizar nada polo Halloween porque todos o celebran. Non ocorre o mesmo co Samaín porque a nosa tradición se mesturou algo coa estadounidense. Toca agora recuperar a súa identidade.





Esta semana que empezamos centrará os actos do Samaín na nosa escola:

  • Na Hora de ler de cada día leremos libros da selección de contos realizada polo equipo da biblioteca escolar.Aquí vos deixamos un vídeo resumo dalgunhas das publiccións que hai na biblioteca a vosa disposición.


  • O venres, na Hora de Ler á luz das caveiras e das lanternas leremos ás escuras como todos os anos nos aconsella Güino.



  • Na exposición poderedes atopar moitos contos de medo, como por exemplo, este de Carabuñas.


  • E toda boa  festa vai acompañada de música e baile e o noso Samaín non ía ser menos, a pasalo ben!!! Respectando a distancia social e coa máscara! Xunt@s conseguirémolo!!
Escoitade estas cantigas, menudo Samaín marchoso!










EXPOSICIÓN PDI

Os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando para iso os recursos documentais da Biblioteca Escolar.

Son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa para desenvolver competencias básicas. Son documentais porque a partir dos documentos que atesouran as nosas bibliotecas escolares axudan a que o noso alumnado constrúan o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden. Por fin, son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida corrente.

Dende a biblioteca ampliamos os nosos fondos bibliográficos buscando libros dos tres temas que os nenos e nenas votaron o 22 de outubro.

Aquí vos deixo un vídeo resulo.

Güino



domingo, 17 de octubre de 2021

XA ESTÁN AQUÍ OS MALETÍNS VIAXEIROS

O xoves 14 de outubro e o venres 15 repartíronse os maletíns viaxeiros deste curso 2021-22. 

Non vos podedes imaxinar a alegría que sentín ao escoitar os vosos berros de ledicia cando entraba polas portas das vosas aulas!

Lembrade que os maletíns viaxeiros favorecen que a nosa biblioteca escolar entre en  contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na vosa formación como lectores e lectoras máis novos.

Espero poder ver os vosos debuxos e suxestións nos cadernos que van dentro dos maletíns, que como poderedes comprobar teñen unha nova imaxe para que coloreedes as páxinas ao voso gusto.

Nesta entrada déixovos algunhas fotos desta actividade.

O voso amigo Güino.




















jueves, 7 de octubre de 2021

FICHAS LECTURA MOMENTO LECTOR

Nenos e nenas do Couceiro.
Os nosos compañeiros de sexto están a facer este fermoso traballo que podedes visualizar nas imaxes que tedes a continuación. 
Unha vez que rematan de ler un libro no seu momento lector, cubren unha ficha e a colocan no espazo deseñado para elo.
Estiven a traballar estes días e agora podo compartir contodos vós a nosa propia ficha de lectura que poderedes descargar dende o blog da biblioteca.
Espero que vos guste e que me enviedes algunha foto co resultado final para compartilas có resto da comunidade educativa.
Güino






 

lunes, 4 de octubre de 2021

PDI 2021-22

Nenas e nenos do Couceiro este curso sodes vós os encargados e encargadas de escoller o tema sobre o traballaremos nos vindeiros meses. No seguinte vídeo descubriredes as opcións que tedes.
Os vosos titores e titoras teñen as papeletas paras as votacións que faremos o vindeiro día 24 de outubro. 
Güino