miércoles, 26 de abril de 2023

PODCAST INGLES: FAST FASHION

 Presentámosvos o traballo feito na área de lingua inglesa polo alumnado de sexto curso. Nestes podcast o alumnado fala do impacto que ten a "fast fashion" no planeta e nos seres humanos. 

É unha actividade que se enmarca dentro dos traballos do noso PDI anual.

Grazas pola vosa escoita. Agardamos que vos guste moito.

miércoles, 19 de abril de 2023

lunes, 17 de abril de 2023

PDI 22-23: "COUCEIRISTAS POLO MUNDO"

Durante este Segundo Trimestre o alumnado de 5º de Educación Infantil puxéronse os gorros de "chefs" e "máns á masa".  As nenas e nenos foron os protagonistas directos, xunto coas familias e as mestras. Traballaron á ALIMENTACIÓN POLO MUNDO. Comezaron tomando como referencia o conto: ¿DONDE COMEMOS HOY? e posteriormente adentráronse nunha viaxe culinaria, cociñando e degustando algunha comida típica de países diferentes ao noso. 

A primeira pàrada, igual que a do coelliño do conto, foi... ITALIA. 

Tiveron un obradoiro de cociña: Consistíu en cociñar unha riquísima PIZZA. Primeiramente, precisamos dunha receita de cociña. Este paso foi bastante doado xa que, como dixemos, a maior parte dos bombeiros e das margaridas xa fixeramos algunha vez pizza nas nosas casas. Así que, postos dacordo nos ingredientes e na orde dos mesmos, puxémonos máns á obra. Botade un ollo á nosa receita para probar a facer na casa unha pizza tan boa como a nosa.

Fixeron manualidades: como vos turistas, cando viaxamos a algún país traemos algún agasallo ou  recordo da nosa vaixe. Pois ben, nesta ocasión trouxemos un "pizzapapeis" con forma de... pizza!!. Así nunca esquecerán esta viaxe. 

E voando cruzaron o océano atlántico para chegar, acompañados de Andrea e Lola a ARXENTINA.

Viaxaron tamén a Siria.

Se premedes no enlace atoparedes máis información.





martes, 11 de abril de 2023

PODCAST DÍA DA MULLER

O alunmado de 5º da nosa escola fixo o seu primeiro podcast sobre  o Día da Muller. Este curso celebrámolo creando un mural chamado "Pioneiras" inspirado en diversas mulleres da nosa terra que marcaron a Historia por seren as primeiras galegas en estudar, investigar, crear...é dicir, facer cousas que nunca antes as mulleres fixeran.

No seguinte enlace atroparedes toda a información sobre o seu traballo.

PODCAST