Durante este Segundo Trimestre o alumnado de 5º de Educación Infantil puxéronse os gorros de "chefs" e "máns á masa". As nenas e nenos foron os protagonistas directos, xunto coas familias e as mestras. Traballaron á ALIMENTACIÓN POLO MUNDO. Comezaron tomando como referencia o conto: ¿DONDE COMEMOS HOY? e posteriormente adentráronse nunha viaxe culinaria, cociñando e degustando algunha comida típica de países diferentes ao noso.
A primeira pàrada, igual que a do coelliño do conto, foi... ITALIA.
Tiveron un obradoiro de cociña: Consistíu en cociñar unha riquísima PIZZA. Primeiramente, precisamos dunha receita de cociña. Este paso foi bastante doado xa que, como dixemos, a maior parte dos bombeiros e das margaridas xa fixeramos algunha vez pizza nas nosas casas. Así que, postos dacordo nos ingredientes e na orde dos mesmos, puxémonos máns á obra. Botade un ollo á nosa receita para probar a facer na casa unha pizza tan boa como a nosa.
Fixeron manualidades: como vos turistas, cando viaxamos a algún país traemos algún agasallo ou recordo da nosa vaixe. Pois ben, nesta ocasión trouxemos un "pizzapapeis" con forma de... pizza!!. Así nunca esquecerán esta viaxe.
E voando cruzaron o océano atlántico para chegar, acompañados de Andrea e Lola a ARXENTINA.
Viaxaron tamén a Siria.
Se premedes no enlace atoparedes máis información.