CLUB DE LECTURA

lunes, 17 de abril de 2023

PDI 22-23: "COUCEIRISTAS POLO MUNDO"

Durante este Segundo Trimestre o alumnado de 5º de Educación Infantil puxéronse os gorros de "chefs" e "máns á masa".  As nenas e nenos foron os protagonistas directos, xunto coas familias e as mestras. Traballaron á ALIMENTACIÓN POLO MUNDO. Comezaron tomando como referencia o conto: ¿DONDE COMEMOS HOY? e posteriormente adentráronse nunha viaxe culinaria, cociñando e degustando algunha comida típica de países diferentes ao noso. 

A primeira pàrada, igual que a do coelliño do conto, foi... ITALIA. 

Tiveron un obradoiro de cociña: Consistíu en cociñar unha riquísima PIZZA. Primeiramente, precisamos dunha receita de cociña. Este paso foi bastante doado xa que, como dixemos, a maior parte dos bombeiros e das margaridas xa fixeramos algunha vez pizza nas nosas casas. Así que, postos dacordo nos ingredientes e na orde dos mesmos, puxémonos máns á obra. Botade un ollo á nosa receita para probar a facer na casa unha pizza tan boa como a nosa.

Fixeron manualidades: como vos turistas, cando viaxamos a algún país traemos algún agasallo ou  recordo da nosa vaixe. Pois ben, nesta ocasión trouxemos un "pizzapapeis" con forma de... pizza!!. Así nunca esquecerán esta viaxe. 

E voando cruzaron o océano atlántico para chegar, acompañados de Andrea e Lola a ARXENTINA.

Viaxaron tamén a Siria.

Se premedes no enlace atoparedes máis información.





No hay comentarios:

Publicar un comentario