lunes, 24 de enero de 2022

Comezan os clubs de lectura

 Coa chegada do segundo trimestre empezan no noso colo os clubs de lectura. Este curso desenvolverande en 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria. 

Aquí vos deixamos a información inicial de cada un deles:

3º - 4º e 5º de PRIMARIA:





6º PRIMARIA:

Imos comezar o Club de Lectura informándonos sobre a autora do libro que imos ler, Andrea Maceiras, e sobre o que era nos quere transmitir co seu libro " A folla azul". Tamén imos presentarvos a Amazonia ambiente no que se desenvolve a obra e  no que nos imos mergullar semana tras semana.


Biografía da autora.



Preme e escoita o que nos di a autora sobre o libro.




Aquí podes ter máis información sobre a selva amazónica.

Que tal? Ten boa pinta, non é? Pois veña, xa veredes que ben o pasamos compartindo lecturas!!

lunes, 17 de enero de 2022

DINAMIZACIÓN PDI: +ARTE

O alumnado e mestres de Educación Infantil traballarán diferentes cuestións relacionadas có LAND ART.

Para atopar máis información sobre   LAND ART preme nas imaxes:







En 1º e 2º están a traballar sobre un artista dedicado desde o ano 98 ao mundo da pintura, realizou exposicións principalmente en Galicia, aínda que tamén participou en exposicións en España e Portugal. Algúns dos lugares nos que expuxo a súa obra son Galerías Sargadelos de Ferrol e Lugo, Galería  Visol en Ourense, Auditorio  Ceutí en Murcia…
Ademais da realización de cadros, o seu traballo esténdese a outras obras como murais, ilustración, etc.
Para saben ma´si sobre este autor preme nas imaxes:


Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación Primaria están a trabalar a pintura contemporánea en Galicia a través dun dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galicia, Joseba Muruzábal.

PARA SABER MÁIS DE PINTURA CONTEMPORÁNEA EN GALICIA E DE JOSEBA MURUZÁBAL PÉREZ PREME NAS IMACES:  







O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron unha exposición nos seus blogs atoparedes toda a información.


Os nenos e nenas de 5º traballarán os animais na arte. Atoparedes máis información no seu blog:


Os nenos e nenas de 6º traballarán as diferentes artes e a pegada que a natureza deixou nelas, comezando polas árbores a través da pintura, literatura, cine...





domingo, 16 de enero de 2022

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA PAZ

O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" ( DENIP), fundado en 1964 e coñecido tamén como o  Día Mundial ou Internacional da Non-violencia e a Paz.  Celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gobernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e  Pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e á que están convidados a participar os centros educativos de todos os países. Celébrase con motivo do aniversario da morte de de  Mahatma  Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixésese realidade. 





Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).


VÍDEOS PARA ESTE DÍA.
















Podedes descargar estes contos  premendo  nas  imaxes: 
Irene continúa a súa viaxe polo mundo recompilando contos populares de distintas culturas. Nesta ocasión, visita ao seu amigo saharauí  Gali, que vive nun dos campamentos nos que se refuxiou o seu pobo tras a cesión do  Sahara Occidental a Marrocos hai 30 anos. Coa visión dunha nena de 9 anos, Irene explícanos os costumes saharauís e introdúcenos nas súas lendas, coas que a avoa de  Gali ameniza as tardes no deserto. Para  nenos e neas de  6 a 10 anos.






A NOSA EXPOSICIÓN