domingo, 28 de mayo de 2023

MAIOS 2023

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.

Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. 

Este curso  como cada ano a finais de abril na nosa escola  festexamos o Maio.  Achegamos a escola verdes (fiúnchos, fentos, xestas...)  e flores (margaridas, calas, rosas,...), laranxas e ovos baleiros para facer o Maio o venres 28 de abril: un de Infantil, outro que fixo o alumnado de 1º, 2º, e 3º e outro que fixeron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º. 

Rematámolos o venres e o luns 1 de maio o alumnado desfilou con eles polas rúas de Pontedeume para achegalos ao xardín e participar no concurso de Maios do Concello.

Aquí vos deixo un vídeo resumo.


lunes, 22 de mayo de 2023

PDI 2023: QUEN É JULIO VERNE

O alumnado de 5º e 6º está a rematar a lectura do libro "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. O primeiro que fixeron foi investigar sobre a figura deste famoso autor.

lunes, 8 de mayo de 2023

viernes, 5 de mayo de 2023

CONTACONTOS

E como complemento do mes do libro, o 4 de maio,  tivemos  a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Benxamín Míguez Novoa, que desenvolveu unha actividade de animación lectora.

O alumnado de 6º de Educación  Infantil e 1º de Educación Primaria escoitaron atentamente as súas historias. Benxamín, deleitou á nosa rapazada con diferentes historias repartidas en dúas sesións, unha por curso.

Desfrutaron un montón dos contos personalizados que narrou, mentres facía as ilustracións dos mesmos. 

Deixounos cunha moi boa sensación! 

Déixovos unhas fotografías que resumen moi ben esta experiencia.