domingo, 31 de mayo de 2020

Contos confinados

Boas, abrimos este andel de novidades coa marcha do grupo de teatro "Migallas", preséntannos uns contos e unha cantiga ben bonitos para compartir as crianzas cos maiores da casa.






Chega a calor, o fin do curso aproxímase, o único cambio respecto a as semanas anteriores é que agora para saír teremos que levar máscaras tanto nenos como maiores. Cara o vindeiro curso case seguro que voltaremos todos e todas a escola con máscaras e distancia social.
 Para explicar aos máis pequenos da casa que a máscara non é un disfrace, aínda que poida parecelo, escollemos estes contos.
Os disfraces quítanse e póñense, tócanse e gárdanse no caixón dos xoguetes. A máscara non é un xoguete. tampouco, temos que poñela e quitala con tento, ademais da calor e ás veces pica. Coa distancia de 2 metros axudaremos a que o virus desapareza, o lavado de máns e fundamental,...
 Poñémos neste andel virtual da nosa biblioteca unha escolma de contos sobre esta temática:


 



Este último xa para o alumnado que xa le con autonomía.




Podedes mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos  anteriores: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Os que aínda non escribides moito facédeo coa axuda dos vosos maiores, irmáns, irmás pais, nais, avós, avoas.... Non esquezades poñer o voso nome e curso.



Enviade foto ou escaneado do voso traballo a bibliocouceiro@gmail.com ata o  5 de xuño. Logo poderemos facer e compartir  unha vídeomontaxe cos vosos debuxos. Grazas pola vosa participación!
Xa temos os primeiros!






Por último, agora que xa saímos á rúa, ás praias lembrade estas recomendacións!
 Entre tod@s conseguiremos vencer o virus!

miércoles, 27 de mayo de 2020

SEMENTEIRA DE PALABRAS

Xa temos a nosa sementeira de palabras feita!!!

Grazas a todos e todas vola vosa participación. Podedes adentrarvos no horto que preparamos para este acontecemento.


lunes, 11 de mayo de 2020

Letras Galegas na casa!


      
AO TEMPO QUE FLORECEN OS CAMPOS 
E IMOS SAÍNDO POUCO A POUCO DO CONFINAMENTO...
CHEGAN AS LETRAS GALEGAS!
ASOMADO Á VENTÁ DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...
VESE A CARVALHO CALERO
INESPERADO, MAIS INESQUECIBLE..
ABRÍMOSLLE A PORTA DAS NOSAS CASAS 
PARA COÑECELO MELLOR? 
                                           



O alumnado de 6º como cada ano vainos presentar ao persoeiro ao que están adicadas as Letras Galegas deste ano : Ricardo Carvalho Calero. 






Para saber moito máis e realizar actividades on line e para imprimir visitade esta páxina e buscade as axeitadas para a vosa idade:

Preme e aprende!

Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:


 Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”.

 Pois nós, a xente do Couceiro,  cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
 Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queredes? Atendede como o podemos facer :


  1. Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
  2. Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras.
  3. Colle outro folio e tamén  en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
  4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
  5. Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ata o mércores 20 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso,  o alumnado.


Non chegues tarde!


Este curso teremos actos ben diferentes a outros anos, non haberá muiñeira no patio, pero si teremos música:









 Non teremos apadriñamentos lectores pero si haberá contos: 


Un dos Bolechas sobre o autor: 




Preme e le!


E outro conto do propio Carvalho Calero que a editorial ferrolá EMBORA cedeu gratuitamente: 





E por suposto  si estamos de FESTA ten que haber xogos, que compartimos doutras bibliotecas amigas,  que nos axudarán a coñecer máis sobre a vida e obra do autor:










Feliz Día das Letras Galegas! Mil primaveras máis para a nosa lingua!