miércoles, 29 de noviembre de 2017

CUARTO INVESTIGA: AS ALGAS

Conta o alumnado de 4º "na súa fiestra", que é o seu blog o seguinte dunha saída que fixeron dentro do proxecto "ALËN DO MAR"

"Na aula de cociña Portomuíños aprendemos moitas cousas sobre a realidade
 actual do mundo das algas, poidémolas ver en vivo, facer preguntas , tomar
 notas e coñecer alguns segredos gastronòmicos.
 E despois poidemos degustalas! mesmo hai quen puido repetir, pois estaban
boííísimas!!!
Ahh! E por riba agasalláronnos cun tartar de algas mariñas 
para levar."

Premendo nas imaxes accederedes a máis información sobre o que está a pasar nas aulas de 4º.
Dende o inicio da investigación coa documentación en guías ata a saída á aula de cociña.


+





















domingo, 26 de noviembre de 2017

Día contra a Violencia de Xénero

Aínda que a data,25 de NOVEMBRO, caeu en sábado ao longo de toda a semana houbo actividades nas aulas do centro,  contos, curtametraxes, cantigas, expresión oral e plástica, etc.

 Magoa que o  o gran baile do Yin e o Yan  tivo que suspenderse pola choiva do venres máis pronto o poderedes ver tamén neste blog. Realízaranno o alumnado que traballa nas actividades de animación á Lectura da Illa Fantasía. Todos os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria.

"Nunca choveu que non escampara" Se este dito sempre se cumpre, mais este ano de seca.

Aquí tendes o baile CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO gravado por fin este luns polo alumnado de 1º a 4º de Primaria.






A profe Sabela fíxolles a adaptación ao galego e esta cantiga encheu as aulas e corredores do cole.

Ollade aquí o  telexornal desta conmemoración da Illa Fantasía onde nos falan doa significación do baile e da cantiga do Yin e o Yan.






O alumnado dos cursos superiores elaborou cartaces con mensaxes ben significativas e imaxes que simbolizan a dura realidade da violencia machista. 

Antes estudaron as características que debe ter un cartel e cartaces de campañas anteriores para elaborar en grupo os seus . Tamén visionaron videos sobre o tema, leron  as novas que tristemente enchen as páxinas dos xornais e a realidade de moitas familias...

Aquí podedes ver parte do seu traballo e tamén algúns dos pequenos co loito que enche esta conmemoración.







Exposición de Amuletos

O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto están a traballar no proxecto “Alén do mar”.
Nesta actividade os nenos e nenas tiñan que crear un amuleto para protexerse dos perigos que se poden atopar no mar, e  despois escribir que significaba para eles.


Unha actividade creativa na que nenos e nenas foron os propios protagonistas .


Estamos todos tan contentos coas creacións que fixemos esta exposición!!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos.



jueves, 23 de noviembre de 2017

ILLA FANTASÍA

Os días 16 e 17 de novembro chegou dende Illa Fantasía a Gran Bruxa china “Brúxula”. Estaba un pouco desorientada... e como andaba perdida pola escola... pediu axuda aos nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto.


Foi unha visita xenial! Contounos un montón de cousas que acontecerán na súa pagoda.


Na maleta traía un montón de cousas para ensinarnos... un compás para atopar o norte, faroliños chinos, unicornios para cada clase para marcar os puntos cardinais… e sobre todo animounos a ler para que os nosos unicornios medren, e para que escribamos á illa sempre que queiramos. .


Agardamos novas visitas desta bruxa tan diferente as que coñecemos!!!
Aquí vos deixamos fotos para que vexades que ben o pasamos!!!


As aulas investigan...

Xa vimos como os maiores do cole expoñían a súa primeira tarefa do proyecto "ALÉN do MAR" ao resto do alumnado de primaria.

Pois nas outras aulas non deixan de traballar arredor do noso PDI:
En  3º e 4º Reciben mensaxes de Güino en resposta á súa última carta:



























Os de 1º de  Primaria visitan o mercado do peixe. Alí, a nai dunhas alumnas do cole, Cristina, a peixeira, amosoulles as variedades de peixes  e crustaceos que se consumen na nosa vila.






Mentres, o alumnado de cuarto de primaria, que está interesado nas algas, visitou Portomuiños na Barcala (Cambre) un aura de cociña con algas.
 Viñeron encantados, ata probaron hamburguesa de algas!





Que temas tan  interesantes e variados traballamos todos darredor do noso gran veciño o MAR!
 Non é?

domingo, 19 de noviembre de 2017

PDI ALÉN DO MAR.: A construción naval. AS CHALANAS

O alumnado de 6º de Primaria, logo de visitar o peirao de Pontedeume, decidiu investigar sobre as chalanas, embarcacións que abondan na nosa ría.


Consultaron diversas publicacións, tanto na rede como en diferentes textos e aprenderon moito sobre os tipos de chalanas, os materiais con que se constrúen, as partes da embarcación, etc.

Elaboraron textos sobre o tema e fixeron unhas maquetas ben xeitosas grazas a unha investigación previa desenvolta no CEIP de Sada.





Ao longo desta semana expuxeron as súas aprendizaxes ao resto do alumnado de primaria apoiándose en murais e maquetas.













Noraboa, bo traballo!!

Na hora de ler foron pasando os cursos de Primaria ao longo de toda a semana. Dende os máis pequenos ata os máis grandes todos mostraron grande interese e respecto ao traballo dos maiores da escola.


Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes desta experiencia.



miércoles, 15 de noviembre de 2017

Magosto e Día do Peón

Xa pasou un ano máis. Magoa que, tamén un ano máis, chovera e non nos puidesen acompañar as familias.
Mentres esperamos pola festa do ano que vén aquí vos deixamos o video deste ano.



Botádelle un ollo a este video onde nenos e nenas doutro cole nos contan moitos detalles interesantes do baile do peón.



 Practicamos no patio???

Curtametraxes relacionadas con valores

Aquí vos deixan, Güino e os seus colaboradores, unhas películas curtas relacionadas cos valores. Para acceder aos videos premede no cadriño correspondente.

Olládeas e reflexionade!

jueves, 9 de noviembre de 2017

PDI "ALÉN DO MAR": A Construción Naval

O alumnado de 5º e 6º está a traballar dentro do proxecto deste curso a construción naval. Esta semana visitaron para recoller información sobre o tema o Museo de Construción Naval de Ferrol.







Canto aprenderon!

 Diques e gradas para construir nos estaleiros ferroláns.











Barcos do XIII,un  bote polbeiro, o bote de 9 metros.
 

  






 A construción dos antigos galeóns, das fragatas, das modernas embarcacións.






Remaches e soldaduras, planos, tecnoloxía,  timóns, mando e goberno,...Ata nós aprenderon coa axuda da guía!















Aproveitaron a viaxe e tamén visitaron o Museo de Historia Natural, centrándo a súa visita na fauna marina, peixes, mamíferos, moluscos,etc.