domingo, 26 de noviembre de 2017

Día contra a Violencia de Xénero

Aínda que a data,25 de NOVEMBRO, caeu en sábado ao longo de toda a semana houbo actividades nas aulas do centro,  contos, curtametraxes, cantigas, expresión oral e plástica, etc.

 Magoa que o  o gran baile do Yin e o Yan  tivo que suspenderse pola choiva do venres máis pronto o poderedes ver tamén neste blog. Realízaranno o alumnado que traballa nas actividades de animación á Lectura da Illa Fantasía. Todos os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria.

"Nunca choveu que non escampara" Se este dito sempre se cumpre, mais este ano de seca.

Aquí tendes o baile CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO gravado por fin este luns polo alumnado de 1º a 4º de Primaria.






A profe Sabela fíxolles a adaptación ao galego e esta cantiga encheu as aulas e corredores do cole.

Ollade aquí o  telexornal desta conmemoración da Illa Fantasía onde nos falan doa significación do baile e da cantiga do Yin e o Yan.






O alumnado dos cursos superiores elaborou cartaces con mensaxes ben significativas e imaxes que simbolizan a dura realidade da violencia machista. 

Antes estudaron as características que debe ter un cartel e cartaces de campañas anteriores para elaborar en grupo os seus . Tamén visionaron videos sobre o tema, leron  as novas que tristemente enchen as páxinas dos xornais e a realidade de moitas familias...

Aquí podedes ver parte do seu traballo e tamén algúns dos pequenos co loito que enche esta conmemoración.







No hay comentarios: