jueves, 23 de noviembre de 2017

ILLA FANTASÍA

Os días 16 e 17 de novembro chegou dende Illa Fantasía a Gran Bruxa china “Brúxula”. Estaba un pouco desorientada... e como andaba perdida pola escola... pediu axuda aos nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto.


Foi unha visita xenial! Contounos un montón de cousas que acontecerán na súa pagoda.


Na maleta traía un montón de cousas para ensinarnos... un compás para atopar o norte, faroliños chinos, unicornios para cada clase para marcar os puntos cardinais… e sobre todo animounos a ler para que os nosos unicornios medren, e para que escribamos á illa sempre que queiramos. .


Agardamos novas visitas desta bruxa tan diferente as que coñecemos!!!
Aquí vos deixamos fotos para que vexades que ben o pasamos!!!


No hay comentarios: