Hoxe deixei as caixas terroríficas nos corredores do colexio para que os nenos e as nenas poidan ler estes días libros coa temática de terror.
lunes, 28 de octubre de 2024
CAIXAS TERRORÍFICAS
lunes, 21 de octubre de 2024
CAIXAS TERRORÍFICAS
Achégase o Samaín e no "Xardín do Pasatempo" xa están listas as caixas terroríficas para poder ler durante a quincena comprendida entre o 28 de outubro e o 8 de novembro.
martes, 1 de noviembre de 2022
A NOSA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN
Esta última semana do mes de outubro tivemos unha actividade frenética no noso cole.
Desde a biblioteca preparáronnos unha fantástica exposición con libros de medo. Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron unha presentación cos seus traballos sobre o libro "Mostruos e pantasmas do mundo". Preparamos as nosas cabazas en casa grazas á axuda das familias e lemos ás escuras os libros que o equipo de biblioteca escolleu. O equipo de actividades extrascolares traballou arreo para que a nosa escola estivera moi decorada por mor deste Samaín.
Déixovos fotografías e vídeos que resume todo o que vos acabo de enumerar.
Vémonos na biblio.
Güino.
jueves, 27 de octubre de 2022
TABOLEIRO DA LINGUA
Este curso 2022-23 o alumnado de 5º e 6º tivo que preparar unha actividade relacionada coa celebración do Samaín. Tendo en conta que o noso Proxecto Documental Integrado xira arredor do mundo, das viaxes, doutras culturas ... estiveron buscando un libro que combinara as dúas opcións. E buscando, buscando .... atoparon este libro de Fedreica Magrin que poderedes ver nos andeis da nosa biblioteca.
No taboleiro da lingua do andar baixo da nosa escola, está exposto o traballo feito polos vosos compañeiros e compañeiras e se premedes na imaxe que tedes a continuación vos explicarán todo o que aprenderon con este traballo.
Espero que vos guste moito.
Güino
lunes, 24 de octubre de 2022
LECTURA ÁS ESCURAS
Novamente chega o TEMPO DE SAMAÍN.
Cando os días son cada vez máis curtos e escurece cedo, é hora de ir na busca dunha cabaza e coa axuda dos adultos tallala para facer unha caveira terrorífica.
Este venres,28 de outubro, traédea ao cole:
Cal será a máis espantosa, a máis grande, a máis orixinal, e a máis pequecha?
Sen dúbida teremos unha exposición moi surtida e variada que deixaremos nos corredores para meterlles medo a todos os que pasen pola nosa escola.
Ollade como podedes facela, sempre coa axuda dos maiores!
lunes, 8 de noviembre de 2021
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 5º E 6º: OUTONO
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º levaban un tempo traballando sobre distintos temas relacionados co outono: Samaín, Peón, Outono ou Cogumelos. Tamén fixeron nas áreas de inglés e francés diferentes investigacións sobre Hallowen.
Xa podedes gozar da exposición que atoparedes no segundo andar do cole. Os vosos compañeiros e compañeiras esperan que aprendades moitas cousas a través dos seus traballos.
O voso amigo Güino.
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN DO COUCEIRO
Xa temos a videomontaxe da festa do Samaín no noso cole.
Parabéns pola vosa participación que axuda a manter as nosas tradicións.
Güino
ACRÓSTICO DO OUTONO
Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega propuxéronnos facer un acróstico, unha composición poética ou normal na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical formarán o nome de cada neno ou nena, e en sentido horizontal falarán do outono.
Posteriormente queremos facer un libro de produción propia do que poderedes gozar na nosa biblioteca.
Un acróstico é unha composición poética na que a primeira letra de cada verso forma unha frase ou nome cando se agrupan en vertical. As palabras reveladas evocan a imaxe literaria, o concepto ou a dedicatoria do poema.
A expresión deriva das palabras gregas àkros, que quere dicir 'extremo' e stikhos, que quere dicir 'liña ou verso'. Aínda que o termo acróstico restrínxese a esta noción, existen variacións que se tamén popularizaron: o mesóstico, que leva as letras da palabra ou frase crave no medio, e o teléstico, que as leva ao final.
Tamén existe o acróstico alfabético que, como o seu nome indícao, forma cada verso para partir unha letra do abecedario, seguindo a orde convencional do mesmo.
Aparentemente, o acróstico puido ter a súa orixe na antiga Grecia, de onde tomaría o seu nome. Con todo, hai quen sosteña que se orixinou na literatura provenzal.
Os acrósticos fixéronse moi populares na lingua castelá a partir da publicación da traxicomedia A Celestina, atribuída a Fernando Vermellas e escrita cara a finais do século XV. Isto débese a que o autor incluíu un preámbulo escrito en acróstico.
Enhoraboa a todos e a todas polo resultado. O podedes ver no seguinte vídeo.
Güino
domingo, 24 de octubre de 2021
XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN
O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos o Samaín no cole. Traede as vosas cabazas
Aquí vos deixo unhas suxestións para facer a vosa propia cabaza.
Halloween, Samaín ou Todos os Santos, as celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e chegan ata nós máis ou menos transformadas. Na súa versión máis profana ou xa cristianizadas, todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, que festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa estación escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre os vivos, mellor ou peor recibidos. E desa crenza precisamente derivan moitos dos ritos que se manteñen aínda hoxe.
Despois de séculos de reciclaxe festeira os costumes iniciais indoeuropeos mesturáronse con outros achegados polos romanos e mesmo se lles superpuxo, co tempo, a celebración instaurada pola Igrexa para venerar todos os santos dunha vez. O resultado foi que o sentido da celebración orixinaria se perdeu en boa parte de Europa mais si que se mantivo no esencial no chamado espazo celta. Desde alí, da man dos emigrantes irlandeses, saltou no século XIX ata América, onde curiosamente estes ritos pagáns se popularizaron baixo unha denominación, Halloween, procedente da expresión escocesa All Hallows’ Eve (‘a véspera de Todos os Santos’), que botaba un pouco de verniz cristián para camuflar calquera alento druída.
E por fin, desde os Estados Unidos, e convertido xa máis ben nunha festa de disfraces, o Halloween espallouse a moitos outros países. Entre nós, percibíase certa resistencia a copiar esta moda en principio tan allea pero tamén xurdiu a reivindicación de que aquí, tempo atrás, ese día tamén se andaba metendo medo con cabazas arrepiantes ou con nabos, nos menos dos casos. E, xa que se trataba de volver ás orixes indoeuropeas, recuperouse tamén o nome que se lle daba a este rito na cultura celta: samaín, resultado de combinar no irlandés antigo sam ‘verán’ e fuin ‘fin’.
Do Halloween dos norteamericanos ou do Samaín céltico hai quen di que tan inventado, entre nós, é un coma outro, xa que non hai referencias históricas que aboen a súa autenticidade. Sexa como for, o que resulta innegable é o éxito da proposta, cando menos para as grandes superficies e centros de ocio infantil.
Información obtida do seguinte enlace https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/
No seguinte vídeo tedes algunhas claves para distinguir o Samín do Hallowen.
Esta semana que empezamos centrará os actos do Samaín na nosa escola:
- Na Hora de ler de cada día leremos libros da selección de contos realizada polo equipo da biblioteca escolar.Aquí vos deixamos un vídeo resumo dalgunhas das publiccións que hai na biblioteca a vosa disposición.
- O venres, na Hora de Ler á luz das caveiras e das lanternas leremos ás escuras como todos os anos nos aconsella Güino.
- Na exposición poderedes atopar moitos contos de medo, como por exemplo, este de Carabuñas.
- E toda boa festa vai acompañada de música e baile e o noso Samaín non ía ser menos, a pasalo ben!!! Respectando a distancia social e coa máscara! Xunt@s conseguirémolo!!
domingo, 25 de octubre de 2020
SAMAÍN
Novamente chega o TEMPO DE SAMAÍN.
Cando os días son cada vez máis curtos e escurece cedo, é hora de ir na busca dunha cabaza e coa axuda dos adultos tallala para facer unha caveira terrorífica.
Este venres,30 de outubro ,traédea ao cole:
Cal será a máis espantosa, a máis grande, a máis orixinal, e a máis pequecha?
Sen dúbida teremos unha exposición moi surtida e variada que deixaremos fóra para meterlles medo a todos os que pasen polo peirao.
Ollade como podedes facela, sempre coa axuda dos maiores!