lunes 21 de diciembre de 2009

BO NADAL E BOAS LECTURAS...!!!

Chega o tempo de Nadal e, por uns días, aparcamos o traballo nas aulas e disfrutamos dun tempo de lecer moito máis amplo ca no resto do ano. Pasamos máis horas na casa e ocupámonos dos xogos, do cine, da música e... non vos esquezades da lectura. Lembrade as recomendacións que, desde a biblioteca, nos propón GÜINO e incluíde algúns dos títulos propostos nas vosas peticións de agasallos para estas festas.
BO NADAL A TOD@S...!!!

viernes 20 de noviembre de 2009

LIBROS DE MEDOOO!!!...




Desde hai uns días algo macabro está a ocurrir na nosa biblioteca. Fantasmas, cabazas, bruxas, teas de arañas,...están a pulular dun lado para o outro... e libros, vaia libros, LIBROS DE MEDOOO!!! A GÜINO ocurríuselle xuntar todos os libros máis arrepiantes que nos poñerán o pelexo de galiña e os cabelos electrizados... Libros para morrer de medo...ou coa risa. Visita a exposición e vai pensando cal vas levar para a túa casa, pois pronto estarán dispoñibles no servizo de préstamo.



miércoles 11 de noviembre de 2009

SEMPRE XIRANDO...

Hoxe, 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN. Despois do mediodía sáimos ao patio para facer xirar os nosos peóns. Non estivemos sós, pois tamén había avós, pais, profes que tamén participaron da festa. A xornada comezou lendo o MANIFESTO DO PEÓN que a esa mesma hora estábase a ler tamén en moitos outros colexios de Galicia. Continuamos cos xogos co peón como protagonista...Os avós sentíronse nenos outra vez...Pasámolo xenial... Que día máis divertido!!! Rematamos cantando unha cantiga preparada para a ocasión... e unha promesa, facer xirar o peón TODO O ANOOOO!!!

jueves 5 de noviembre de 2009

MAMAAAA, QUE MEDOOOO!!!!!!!!!...

O pasado xoves recordamos aos nosos devanceiros,
aos celtas, e de novo celebramos o SAMAÍN. O noso alumnado encheu os corredores e o xardín do colexio de cabazas, ducias de cabazas, desde as máis grandes ás mais cativas,... unhas para morrer coa risa... e outras para morrer de MEDOOOOO!!!!!!!!! .
Noraboa aos nosos pequenos artistas,... e ás súas familias.



martes 3 de noviembre de 2009

ASTÉRIX E OBELIX. 50 ANOS CONNOSCO...





Traducido a 107 idiomas e con máis de 300 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, ASTÉRIX ven de celebrar medio século de existencia.
POR TUTATIS!!!!! A historia céntrase nas aventuras dunha pequena aldea gala da Bretaña francesa que resiste á dominación de Xulio César grazas a unha máxica beberaxe que proporciona unha forza sobrehumana aos seus habitantes...



lunes 2 de noviembre de 2009

RAMIRO FONTE. IN MEMORIAM...


Hai uns días cumpriuse o primeiro cabodano do poeta, narrador, ensaísta eumés RAMIRO FONTE. Desde a biblioteca preparamos unhas xornadas para lembrar a súa obra. Cada nivel de infantil e primaria escolleu unha poesía do seu libro XARDÍN DO PASATEMPO e elaborou un mural sobre a mesma para colocar no corredor do colexio preto da biblioteca. Durante cinco xornadas, no tempo da HORA DE LER, cada nivel recitou esa poesía e presentou o mural aos seus compañeiros. Na primeira xornada, os de SEXTO, lembraron a figura de Ramiro, a sua traxectoria e a súa obra. A xornada de clausura estivo marcada pola inauguración oficial da biblioteca a cargo do bibliotecario municipal ALEXANDRE CAÍNZOS quen dirixiu a todos os membros da comunidade educativa unhas entrañables palabras evocando a figura e a obra de Ramiro.




ALGO ESTASE A COCER NA BIBLIOTECA...




Unhas misteriosas pegadas apareceron no chan do corredor do colexio... e, todas elas conducían a un mesmo lugar... Á BIBLIOTECA...!!!!!!!!!!!!!!