Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2022

OS XORNAIS VOLVEN ÁS AULAS DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

Un curso máis participamos no programa "Prensa- Escuela" da Voz de Galicia.



Traballar o xornal na aula permítenos a nós docentes e a vós alumnos e alumnas coñecer as cousas que suceden ao noso redor e tamén estar informados. É unha ferramenta moi importante para desenvolver en todos nós o sentido crítico. Segundo Bacon "O pensamento crítico é ter o desexo de buscar, a paciencia para dubidar, a afección de meditar, a lentitude para afirmar, a disposición para considerar, o coidado para poñer en orde e o odio por todo tipo de impostura". Desde unha perspectiva máis moderna, o pensamento crítico enténdese como a capacidade de analizar e avaliar a consistencia dos razoamentos, en especial, daquelas afirmacións que a sociedade acepta como verdadeiras no contexto da vida cotiá, como as fake news, especialmente relevantes na actualidade pola súa proliferación e rápida viralización.

Os xornais foron e son un medio de comunicación moi importante desde a súa aparición. Na actualidade compiten con outras formas de comunicación como poden ser as redes sociais, a televisión... Con todo, a prensa escrita segue ofrecendo oportunidades para estar informados que outros medios non poden proporcionar. Tendo en conta todas estas cuestións consideramos que poder traballar có Xornal na aula pode contribuír a mellorar an nosas competencias lingüísticas.

Para saber máis podedes premer nos seguintes ligazóns.

SECCIÓNS DUN XORNAL

PRENSA DIXITAL

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA I

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA II

lunes, 30 de mayo de 2022

XORNAL NA ESCOLA

Un ano máis o CEIP Couceiro Freijomil participa no programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia. É unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagógico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas. Ademáis o programa pon a disposición da comunidade escolar o suplemento La Voz de la Escuela, cursos para profesores, concursos e numerosas propostas didácticas que poden seguirse a diario a través de web.

O obxectivo deste programa e favorecer que o alumnado sexa capaz de usar a prensa como un recurso didáctico de cara a desenvolver as súas actitudes e destrezas persoais. Que aprendan a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico.

Consideramos que é importante que o noso alumnado tome conciencia da importancia da información na súa educación como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

Este curso desenvolvimos diferentes actividades, como por exemplo:

Seleccionamos a noticia que a máis alumnos e alumnas lle chamou a atención do xornal.

Seleccionamos a noticia que queremos recoller na nosa Hemeroteca. Esta actividade levóunos a buscar que é unha hemeroteca, onde a podemos atopar...





miércoles, 2 de junio de 2021

Programa Prensa Escola

 O noso cole leva anos recibindo cada mércores a prensa escrita para 5º e 6º de primaria.

 Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas.

Neste terceiro trimestre, logo de traballar durante todo o curso con este periódico, o alumnado de 5º redactou unha "Carta ao Director" da Voz de Galicia para expoñer as súas opinións sobre o uso do galego no xornal.



 Fíxolles moita ilusión vela publicada o Día das Letras Galegas e decidiron elaborar un diario con todas as seccións  en galego. Aquí nos deixan o resultado!





martes, 12 de abril de 2016

Extra!! Extra!! O Papagaio xa está aquí!!

Estamos de estrea!!  Un novo xornal en galego para nenos e nenas!


Nace un proxecto editorial novidoso: O PAPAGAIO, un xornal escolar mensual, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.

A editorial Moito conto ven de publicar o primeiro número da revista O Papagaio, que podes ler en formato pdf dixital premendo na seguinte imaxe:



miércoles, 25 de septiembre de 2013

Parabéns Candela!!!

Desde a biblioteca, GÜINO e toda a comunidade educativa, queren felicitar a Candela Bedoya Piñeiro de 3º B,  gañadora do concurso de RELATOS DE VERÁN  que organiza  o xornal  LA VOZ DE GALICIA na modalidade de menores de quince anos.

SALVAVIDAS, título do relato de CANDELA, narra a historia dun can que non para de ladrar á xente que está á sombra dunhas árbores na praia. O can, Salvavidas, consegue sacar ás persoas xusto antes de que as árbores caian e.....

Pinchando  nas fotos, accederedes a información e fotos publicadas en LA  VOZ DE GALICIA  e ao relato premiado. 

Desexamos que este premio anime a todo o alumnado a ler, a escribir,...a soñar,...
Parabéns CANDELA e,. ... disfruta do premio!!!

lunes, 21 de marzo de 2011

O Couceiro viaxa pola Terra a través da prensa...




A idea xurdiu na asignatura Atención Educativa entre o alumnado de 6º de primaria que leva traballando nela desde principios de curso. A idea consistiu na recompilación de periódicos de países dos diferentes continentes. Para conseguir a prensa destes lugares, desde o colexio remitiron cartas ás distintas embaixadas destes países en España. A resposta foi formidable e así conseguiron periódicos de países como Xapón, China, Tailandia, Omán, Sudáfrica, Exipto, Cuba,...e toda Europa. Diferentes alfabetos, que se len de xeito distinto ao que están acostumados. A medida que ían recibindo a prensa, agrupárona por continentes, ademais complementaron a información cunhas cartolinas que conteñen detalles xerais de cada eestado (número de habitantes, moeda oficial, capital do estado, ubicación no mundo,...). Con todo este material montouse unha exposición no corredor da planta baixa do colexio que quedou inaugurada nestes días e permanecerá aberta todo o mes de abril. Aberta ao alumnado, aos pais, a outros centros e a todos aqueles que teñan curiosidade polo tema. Finalmente, os nenos e nenas de sexto elaboraron uns cuestionarios con preguntas xerais e específicas de cada publicación e que utilizará todo o alumnado do centro para investigar sobre o tema facendo unha especie de TRIVIAL con niveis adaptados en función das idades dos participantes.