jueves, 20 de mayo de 2010

Encontro coa poesía


O venres 14 de maio vivimos no noso centro a FESTA DA POESÍA, rendindo unha homenaxe a UXÍO NOVONEYRA e celebrando a fase final do II CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL. Toda a comunidade educativa participou nun acto entrañable no que os verdadeiros protagonistas foron os neos/as co seu esforzo e a poesía.

martes, 11 de mayo de 2010

Encontro con Suso Cubeiro

Hoxe visitounos SUSO CUBEIRO, ilustrador da natureza e de libros infantiles e xuveniles. O encontro tivo lugar no noso centro e asistiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. Explicou, de xeito moi didáctico, as técnicas da ilustración e do debuxo. O propio alumnado poido comprobar o doado que és debuxar cun bo MAESTRO ao lado. SUSO CUBEIRO rospondeu ás preguntas e curiosidades do alumnado e rematou facendo unha ilustración, coa técnica da acuarela, para un dos poemas máis universais da LINGUA GALEGA , UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO do poeta de Celanova MANUEL CURROS ENRIQUEZ. Esta acuarela quedará colgada na nosa biblioteca e o teu cariño, nos nosos corazóns. Graciñas SUSO e ata sempre!!!




domingo, 9 de mayo de 2010

Os Maios

Un ano máis celebramos OS MAIOS. Os maios é a festa por excelencia de exaltación da primavera. No noso concello ten unha fonda tradición desde hai moitos, moitos anos. Os colexios, as asociacións, os grupos de veciños,... construen o seu maio a base de flores, mirtos, xestas, laranxas bravas,... e preséntanse ao concurso organizado polo concello onde deberán amosar esa construción floral e, ao mesmo tempo, recitar, cantar, ler,... unha poesía que faga referencia aos maios debendo ser orixinal.
No noso centro, coma todos os anos, construimos catro maios, un por ciclo, e realizamos
catro poesías colectivas que nós sempre cantamos o día 1 de maio, data do concurso. Todo este traballo comezou o xoves 29, día en que o alumnado trouxo "o verde" que se incorporou ao armazón do futuro maio. O venres 30 trouxeron as flores, laranxas,... que cubriron o verde. Neste traballo colaborou toda a comunidade educativa; pais, alumnado, profesorado e, (que ledicia) mestras xa xubiladas!!! Despois das doce do mediodía saímos ao patio portando os maios, desfilando e interpretando as catro cantigas compostas para este acto polo alumnado xunto con outras xa tradicionais. Na tarde do día 1, alumnado, pais, mestres,... acompañaron aos nosos maios no desfile e concurso municipal axudando a realzar este acto e conseguindo O TERCEIRO PREMIO!!! Parabéns a todos e a todas polo premio e, sobre todo, polo esforzo .