miércoles, 30 de septiembre de 2020

Quino e Mafalda




Morre Quino aos 88 anos.
 Humorista arxentino, tamén tiña a nacionalidade española, é coñecido en todo o mundo por ser o autor das aventuras en banda deseñada de MAFALDA.
Aquí tedes varios vídeos para saber máis da súa vida e da súa obra.
Premede na imaxe!!


 



Agora mira unha das súas historietas, adoitaban ser en  branco e negro, igual queredes imprimir unha e coloreala!

                                  Fai clic nas viñetas e poderás ler máis comics de Mafalda.

miércoles, 16 de septiembre de 2020

CONTOS PARA A VOLTA AO COLE!

 Boas rapazada do Couceiro!

Xa falta menos para que rematen as obras e poidamos abrir a nosa "biblio". Mentres, aquí vos deixamos uns contos para ler e ver na vosa aula ou na vosa casa.Falan do que nos está a pasar neste comezo de curso tan diferente.

 Mais estádelo facendo tan ben que seguro que entre tod@s venceremos o virus e voltaremos aos bos costumes de antes: compartir, darnos bicos, apertas...; facer actividades onde poidamos xuntarnos cos compañeiros no "Xardín do Pasatempo", para ler no recreo, para coñecer escritores, para presentar novidades...


Preme na portada do conto do Principiño para podelo ler:


E para rematar por hoxe unha cantiga ben leda en galego que,de seguro,  gustará a pequenos e grandes .
Animádevos a ir facendo os acenos ou xestos mentres a aprendedes?

jueves, 10 de septiembre de 2020

Comezamos!!

 


Xa estades a piques de voltar á escola
. Este ano, como ben sabedes, vai der diferente por mor do coronavirus. No cole temos o protocolo "anticovid". Seguindo as normas de seguridade que inclúe, axiña esta situación pasará a ser un pesadelo do pasado.

Na biblio estamos en obras, están a poñernos un tellado novo pois as continuas pingueiras facían que os andeis se mollaran, as luces fallaran, ás veces quedaran espazos inutilizados...

Ata que rematen as obras, non podemos abrir o "Xardín do Pasatempo", mais permaneceremos en contacto a través desta xanela.

Adiántovos as normas de uso da biblio dentro da "nova normalidade".


Estade atentos, temos moitas novidades.

Que teñades un bo curso.

ATA PRONTO!