jueves, 24 de noviembre de 2022

EXPOSICIÓN MES DA CIENCIA EN GALEGO

Xa tedes a vosa disposición un recuncho onde recompilamos algúns dos libros que podedes atopar sobre ciencia na nosa biblioteca.

Espero que vos guste moito.















lunes, 21 de noviembre de 2022

PREPARÁNDONOS PARA O 25 N

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de marzo, e se non o sabías, creouse grazas a Clara Zetkin, unha recoñecida socialista alemá. Ela expuxo a idea de conmemorar aquel día de 1857, cando as empregadas dunha fábrica téxtil en Nova York manifestáronse para defender os seus dereitos e facer notar os seus baixos salarios. A primeira vez que se celebrou este día foi o 19 de marzo de 1911 en países como Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con reunións ás que máis de 1 millón de persoas asistiron.

Non esquezamos que esta data é un día global para celebrar os logros sociais, culturais e políticos das mulleres, tales como o dereito para manexar e o dereito ao voto, entre moitos outros. 

E é que a cor morada converteuse nun símbolo internacional do movemento pola igualdade, que usa tamén o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro), pois é o ton que as sufragistas inglesas e estadounidenses adoptaron xunto ao verde e o branco para loitar polos seus dereitos nas rúas.

E aquí está o punto de encontro coas mulleres da fábrica que antes mencionamos, pois elas producían camisas moradas e morreron nun incendio que se cre estivo planeado polo seu propio xefe. Dise que o fume que se alcanzaba a ver de lonxe era do ton en cuestión.

Hai quen ten a teoría de que o morado vén por unha mestura do azul, que representa aos homes, e o rosa, que representa ás mulleres, como un reflexo de igualdade.

Polo seu lado, o laranxa tamén ten unha gran historia. O ton simboliza en diferentes culturas o final dun ciclo e o inicio dun novo, e converteuse a cor de ÚNETE, unha campaña da ONU, para visibilizar a violencia que sofren as mulleres ao redor do planeta e unir ás persoas para poñerlle fin. A elección da cor ademais representa o futuro brillante e optimista libre de violencia.

O 25 de novembro tamén se coñece como Día Laranxa ou Día contra a Violencia de Xénero, decretado pola ONU en 1999. Con todo, en Latinoamérica esta data conmemórase desde 1981, como un tributo a tres irmás dominicanas que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, por ser opositoras ao ditador Rafael Leónidas Trujillo.

Así que xa sabes, o morado e o laranxa celebran ás mulleres e os nosos logros a través dos anos.












martes, 8 de noviembre de 2022

CLUB LECTURA ADULTOS

A AUTORA:

María Oruña (Vigo, 1976) é unha escritora galega que desde pequena visita con frecuencia Cantabria. Alí ambientou ata hoxe a serie de novelas «Os libros do Porto Escondido», todas publicadas en Destino: Porto escondido (2015), un exitoso debut no xénero negro; Un lugar onde ir (2017); Onde fomos invencibles (2018), e O que a marea esconde (2021). En todas estas historias de misterio, os protagonistas son as paisaxes cántabras e o equipo da tenente Valentina Redondo, que se gañou o agarimo de miles de lectores. O camiño do lume é a nova entrega da serie, que se traslada por primeira vez a terras escocesas. É autora tamén do bosque dos catro ventos (2020), o seu primeiro libro independente da saga, ambientado na Galicia natal da autora. As súas novelas foron traducidas ao alemán, ao francés, ao italiano e ao catalán, entre outros idiomas.



Adentrarémonos nunha nova historia da tenente Valentina Redondo e o seu compañeiro Oliver que deciden tomarse unhas vacacións e viaxan a Escocia para visitar á familia de leste. O seu pai, Arthur Gordon, está empeñado en recuperar parte do patrimonio e da historia dos seus antepasados e adquiriu o castelo de Huntly, nas Highlands, que pertencera á súa familia ata o século XVII. Durante a rehabilitación do edificio atopa un diminuto despacho que levaba oculto douscentos anos e nel, documentos que revelan que as memorias de Lord Byron —supostamente queimadas a comezos do século XIX— poden seguir intactas e acharse entre esas paredes. 



A CONTINUACIÓN VOS DEIXO UNHA RESEÑA DO LIBRO,




NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o mes en galego da ciencia nas bibliotecas.

Se queredes coñecer máis cousas sobre o tema da ciencia premede na seguinte ligazón

PARA SABER MÁIS 

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

José Tubío

domingo, 6 de noviembre de 2022

VENRES 11 DÍA DO PEÓN E MAGOSTO

A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.

 Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.

A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia ao significado do lume nesta celebración.

Respecto á orixe desta atiquísima festa, tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven, pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal, ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán.

 No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos e o pan. Son moitas as crenzas tecidas arredor dos magostos, pois hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ao seu aspecto simbólico, a castaña podería simbolizala inmortalidade, ao ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.







 






miércoles, 2 de noviembre de 2022

OS XORNAIS VOLVEN ÁS AULAS DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

Un curso máis participamos no programa "Prensa- Escuela" da Voz de Galicia.



Traballar o xornal na aula permítenos a nós docentes e a vós alumnos e alumnas coñecer as cousas que suceden ao noso redor e tamén estar informados. É unha ferramenta moi importante para desenvolver en todos nós o sentido crítico. Segundo Bacon "O pensamento crítico é ter o desexo de buscar, a paciencia para dubidar, a afección de meditar, a lentitude para afirmar, a disposición para considerar, o coidado para poñer en orde e o odio por todo tipo de impostura". Desde unha perspectiva máis moderna, o pensamento crítico enténdese como a capacidade de analizar e avaliar a consistencia dos razoamentos, en especial, daquelas afirmacións que a sociedade acepta como verdadeiras no contexto da vida cotiá, como as fake news, especialmente relevantes na actualidade pola súa proliferación e rápida viralización.

Os xornais foron e son un medio de comunicación moi importante desde a súa aparición. Na actualidade compiten con outras formas de comunicación como poden ser as redes sociais, a televisión... Con todo, a prensa escrita segue ofrecendo oportunidades para estar informados que outros medios non poden proporcionar. Tendo en conta todas estas cuestións consideramos que poder traballar có Xornal na aula pode contribuír a mellorar an nosas competencias lingüísticas.

Para saber máis podedes premer nos seguintes ligazóns.

SECCIÓNS DUN XORNAL

PRENSA DIXITAL

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA I

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA II

martes, 1 de noviembre de 2022

NOVIDADES

 E seguemos a encher os andeis do noso "Xardín do pasatempo".

Espérovos.

Güino

A NOSA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Esta última semana do mes de outubro tivemos unha actividade frenética no noso cole.

Desde a biblioteca preparáronnos unha fantástica exposición con libros de medo. Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron unha presentación cos seus traballos sobre o libro "Mostruos e pantasmas do mundo". Preparamos as nosas cabazas en casa grazas á axuda das familias e lemos ás escuras os libros que o equipo de biblioteca escolleu. O equipo de actividades extrascolares traballou arreo para que a nosa escola estivera moi decorada por mor deste Samaín.

Déixovos fotografías e vídeos que resume todo o que vos acabo de enumerar.

Vémonos na biblio.

Güino.