jueves, 27 de octubre de 2022

TABOLEIRO DA LINGUA

Este curso 2022-23 o alumnado de 5º e 6º tivo que preparar unha actividade relacionada coa celebración do Samaín. Tendo en conta que o noso Proxecto Documental Integrado xira arredor do mundo, das viaxes, doutras culturas ... estiveron buscando un libro que combinara as dúas opcións. E buscando, buscando .... atoparon  este libro de Fedreica Magrin que poderedes ver  nos andeis da nosa biblioteca.

No taboleiro da lingua do andar baixo da nosa escola, está exposto o traballo feito polos vosos compañeiros e compañeiras e se premedes na imaxe que tedes a continuación vos explicarán todo o que aprenderon con este traballo.

Espero que vos guste moito.

Güino






















lunes, 24 de octubre de 2022

LECTURA ÁS ESCURAS

Novamente chega o TEMPO DE SAMAÍN.

Cando os días son cada vez máis curtos e escurece cedo, é hora de ir na busca dunha cabaza e coa axuda dos adultos tallala para facer unha caveira terrorífica.

Este venres,28 de outubro, traédea  ao cole:

Cal será a máis espantosa, a máis grande, a máis orixinal, e a máis pequecha?

Sen dúbida teremos unha exposición moi surtida e variada que deixaremos  nos corredores para meterlles medo a todos os que pasen pola nosa escola.

Ollade como podedes facela, sempre coa axuda dos maiores!



Estades a facer un colar de zonchos para o Día de Todos os Santos? Logo na rúa podedes convidar dicindo:



                                                                    "Teño un colar                            
                                                                       cheiño de zonchos,    
                                                                    douche un, 
                                                                        que teño moitos"

Para celebrar o Samaín na nosa escola Gúino vos propón a Lectura ás escuras no momento lector.



Nos corredores atoparedes unha exposición con algúns dos libros que temos nos andeis da nosa biblioteca para que botedes unha ollada.
Ademais Güino vos deixou un libro para cada aula, por se queredes lelo na lectura ás escuras.






A pasalo ben!! Feliz Samaín!!

lunes, 10 de octubre de 2022

NORMAS DA BIBLIO

 

NOVIDADES OUTUBRO para Educación Infantil

Aquí vos deixo algunhas novidades deste mes de outubro. Son varios libros dirixidos ao alumnado de Educación Infantil. Nenos e nenas, pescudade nos andeis da Biblioteca que temos moitas novidades!

Güino.






MOCHILAS VIAXEIRAS

E despois de dous cursos retomamos a actividade das mochilas viaxeiras. Güino envióunos unha invitación para baixar ao "Xardín do Pasatempo" e recollelas. E o 4 e o 5 de outubro o alumnado de Infantil e Primaria baixou a recollela.





















AXUDANTES DE GÜINO

Unha das nosas primeiras actividades deste mes de outubro é a formación de axudantes da biblioteca. Voluntarias e voluntarios de 5º curso de Primaria que serán os encargados de  axudar no tempo de recreo ao profesorado encargado da biblioteca e no momento lector por quendas farán o mantemento dos nosos andeis.

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa axuda.






RECREOS A TOPE!

O noso "Xardín do Pasatempo" está que arde! Retomamos o uso da nosa biblioteca nos recreos e foi un éxito. Hai tanta demanda que tivemos que limitar o aforo a 30 alumnos e alumnas. Aínda así,  moitos  seguen a permanecer na fila  esperando a súa oportunidade para poder acceder, polo que  decidimos facer rotacións. 

Iremos pensando novas fórmulas para dinamizar o uso deste espazo.




domingo, 2 de octubre de 2022

LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS

Por que é importante a animación á lectura?

A animación á lectura comprende a planificación dun conxunto de accións tendentes a favorecer o achegamento do alumnado aos libros e asegurar o seu crecemento lector.

É importante que estas accións insíranse nun proxecto de lectura asumido e apoiado por toda a comunidade escolar e que respondan a un proceso de planificación e revisión periódica.

Animar é algo máis que desenvolver simples estratexias cos libros e en absoluto pódese limitar a un conxunto de accións illadas. Trátase de descubrir cos alumnos a sensibilidade literaria de cultivar o gusto e o pracer de ler.

Para acadar esta meta planificamos un proceso gradual e continuado que se inicia cun primeiro encontro, un primeiro contacto entre a linguaxe, o libro e o neno, que ha de procurarse sexa positivo e que se ha de iniciar en idades temperás. Este primeiro encontro determinará en gran medida o resto da andaina.  Todo iso xira ao redor dun núcleo central definido pola creación de situacións de comunicación nas que a lectura cobre todo o seu sentido.

O traballo da estimulación do hábito da lectura ha de iniciarse nas idades máis temperás, e no que deben estar comprometidas a familia, a escola e a biblioteca. Neste proceso, intimamente ligado ao desenvolvemento afectivo, intelectual e social do neno, o libro achégalle información sobre a contorna e sobre si mesmo, debendo procurar que a lectura estea en estreito contacto coa súa experiencia vital.

Por todo isto, implementamos unha serie de actividades que teñen a finalidade de promover o gusto pola lectura no noso alumnado. Iniciamos, unha vez máis a actividades "Lemos aos máis pequenos en coordinación e colaboración co ENDL".