sábado, 25 de diciembre de 2021

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Rematamos esta primeira avaliación aumentando os fondos bibliográficos da nosa biblioteca inclusiva. No seguinte PDF atoparedes información sobre a mesma.

Bo Nadal!

jueves, 16 de diciembre de 2021

LEANDRO LAMAS NO NOSO PDI+ARTE

O alumnado de primeiro e segundo queren traballar cadros do artista galego Leando Lamas.

Desde 1998 dedicado ao mundo da pintura, realizou exposicións principalmente en Galicia, aínda que tamén participou en exposicións en España e Portugal.

Algúns dos lugares nos que expuxo a súa obra son Galerías Sargadelos de Ferrol e Lugo, Galería  Visol en Ourense, Auditorio  Ceutí en Murcia…

Ademais da realización de cadros, o seu traballo esténdese a outras obras como murais, ilustración, etc.

Os nenos e nenas de 1ºB traballaron catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso. 



Nos andeis da nosa biblioteca atoparedes libros ilustrados por Leandro, seguro que vos soan xa que este autor ten unha forma moi orixinal de debuxar e as súas ilustracións están cheas de cor.
Espero vervos pronto na nosa biblioteca!





martes, 14 de diciembre de 2021

PDI + ARTE NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Ao longo deste primeiro trimestre os nenos e nenas de 6º de primaria e a través de  3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos elaboraron catro  cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido. O seu obxectivo ñe  crear na segunda avaliación pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa  e a lírica. E achegarse a eses dous movementos artísticos noutras artes:

Ao remate desta tarefa terán en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra, que pasará a formar parte das nosas producións propias  logo de presentala ao resto da escola.

Se queredes saber máis podedes visitar o blog de sexto. Deixo o enlace ao mesmo.

BLOG SEXTO








jueves, 2 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS NADAL

 

Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!

Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!

Podedes coller un tríptico aos pés de Güino!







Durante estes días estarán expostas estas recomendacións na biblioteca para que poidades botarlles unha ollada.






Neste trítico atoparedes as recomendacións para este Nadal.