martes, 26 de diciembre de 2023

BO NADAL

CHEGOU O NADAL!!


Unha data de ledicia, de compartir momentos coa familia, de posibles soños cumpridos, de desexos para o vindeiro novo ano... Unha data especial. 


Este ano, o equipo docente do Couceiro decidiu realizar unha xornada coas familias na que puidésemos compartir un anaquiño do noso tempo todos xuntos (familias - alumnado - mestras).

Primeiro realizando unha manualidade nas aulas. Momento de "facer xuntos, aprender xuntos e compartir xuntos".  Aproveitamos para agradecer a todas aquelas familias que puideron compartir con nós este fermoso momento.


A continuación, como en toda festa non pode faltar o baile! Xuntámonos no ximnasio para bailar toda a comunidade educativa xunta, guiados pola nosa coreógrafa "Lidia".


Un gran fin de trimestre e apertura dunhas boas vacacións!




Dende o equipo de biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas e un venturoso ano 2024. Ano no que seguirémonos esforzando día a día por unha educación de calidade para os nosos nenos e nenas.



jueves, 14 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NADAL



Xa está a chegar o Nadal, as vacacións, o tempo de sofá envoltos nunha mantiña,.... 

Dende o equipo de biblioteca achegámosvos unha proposta de libros cos que vivir mil e unha aventuras, tanto en galego como en castelán, en inglés ou en francés, para todos e cada un de vós. Si, si, dende os máis pequenos ata os maiores da familia.  Esperemos que sexan do voso agrado e que pasedes grandes momentos lendo neles. 




Se o desexades podedes recoller o díptico na biblioteca, xunto Güino, e aproveitar para botar unha ollada a esta selección de libros realizada con moito agarimo para vós. Tamén poderedes recoller estes dípticos na mesiña da entrada, no espazo destinado ás familias.


Lembrade: Un libro pódenos transportar  a infinidade de lugares fabulosos e vivir aventuras fascinantes sen necesidade de sair da casa.