domingo, 27 de octubre de 2019

Samaín

HISTORIA DO SAMAÍN:

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".


Religiones Tribales - GIFMANIA
Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.

Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura.

Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA


Esta semana que empezamos centrará os actos do Samaín na nosa escola:
  • Na Hora de ler de cada día leremos libros da selección de contos realizada polo equipo da biblioteca escolar.




  • O luns 28 o alumnado de sexto vai facer a dramatización do conto "A figueira de Pelostortos" a E. Infantil. Un conto da editorial OQO que tendes á vosa desposición na biblioteca.






  







  • O martes achegaremos á escola as cabazas xa talladas coa axuda das familias.



Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA                 Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA                      Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA


  • Ademais o martes realizaremos a fase final dun proceso de identificación, aceptación e superación dos nosos medos. Un proceso individual baseado na reflexión e verbalización realizadas os días anteriores nas aulas. Un proceso de convivencia cos nosos medos.  As representacións escritas e plásticas dos medos de todo o colexio queimarémolas nun ritual onde   usaremos música ambiental relacionada coa  temática do Samaín  e durante a queima as nenas e nenos de 5º e 6º recitarán o conxuro adaptado para  esta data.
Imos queimar os medos.






5º e 6º len o conxuro dos medos.



  • O mércores 30, é o gran día para o Samaín no noso colexio, exporemos as cabazas nos corredores e deixarémolas expostas na entrada da escola; mais, antes na Hora de Ler, á luz das cabazas acesas ou das lanternas teremos contos de medo como nos convida Güino.

Busca a túa cabaza!!!



Para ver as imaxes das lecturas ás escuras e moitas máis ...

 Preme na imaxe!
Preme na imaxe!


Feliz tempo de Samaín!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

O 24 de outubro, ano tras ano, vimos festexando no noso colexio o Día da Biblioteca con agasallos que Güino, o garda do "Xardín do Pasatempos" achega a todas as aulas: as "Maletas de Güino".
Hoxe, na Hora de Ler, o equipo de axudantes entregou en cada aula un lote de libros que ao rematar cada trimestre intercambiarán coa maleta do seu mesmo nivel ou ciclo. Cada maleta leva libros informativos,  algun cómic, poesía, narrativa e un libro, a lo menos, referido ao proxecto deste ano.








Este curso eleximos o título do noso PDI, entre todas as propostas achegadas dende as aulas , facendo coincidir este feito tan importante con esta data festiva e con gran relevo no noso cole."O Día das Bibliotecas Escolares".


Ás nove da mañá contituiuse a mesa electoral, con 8 nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que foron turnándose ao longo da mañá. Todo o colexio baixou votar na entrada do cole.





Ás 12:30, rematada a votación, deu comezo o escrutinio. Redactándo e asinando a acta a parella responsable da última quenda da mesa e recontando os 8 nenos e nenas  en presenza da encargada da biblioteca e da directora do centro.




Que entusiasmo! Noraboa e moitas grazas! Traballo ben feito!




Xa temos título para o PDI deste curso...NO COUCEIRO POLA IGUALDADE.

 Aquí vos deixamos imaxes da gran xornada vivida hoxe no cole:



miércoles, 16 de octubre de 2019

As palabras do proxecto:

Logo duns días de moita actividade xa temos completado o encrucillado temático, co significado de cada palabra das que nos encargou Güino. Todas elas fan referencia a aspectos que tocaremos ao longo do Proxecto Documental Integral (PDI) deste curso.

 PDI que aínda non ten título pero si moitas propostas achegadas pola rapazada do Couceiro. Todos os nomes son chulísimos, máis só podemos quedar con un. Decidirémolo por votación segreda e individual o 24 de outubro, festa de todas as bibliotecas escolares.


Despois de moito traballo nas aulas...






Preme de na imaxe e veredes ao alumnado de terceiro comentando as palabras coas que estiveron a traballar




 Ollade que ben nos quedou!


jueves, 10 de octubre de 2019

Club das Letras

Estamos a comezar unha nova actividade dinamizadora no "Xardín do Pasatempos". Con ela ademais de dar a coñecer volumes da nosa biblioteca, libros que procuran unha actitude igualitaria, normalizadora, rexpectuosa e visibilizadora da diversidade, pretendemos propiciar un espazo educativo e de encontro da comunidade na que está inmersa, comunidade diversa e que este curso vai desenvolver o seu PDI en col da igualdade, tolerancia, feminismo.

Baseandonos na dinamización dende o Equipo da biblioteca dunha escolma de libros axeitados aos distintos niveis do alumnado do cole,  co "Club das Letras"  pretendemos crear unha canle para potenciar o pensamento crítico ao tempo que damos a coñecer os novos fondos de inclusión da Biblioteca Escolar (B.E.) e traballamos a temática do PDI.
No primeito trimestre presentaranse os seguintes libros.

Para E. Infantil
Libro de 1º de Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

Volume presentado aos quintos.

Texto dinamizado a 6º primaria.
Toda a rapazada do Couceiro participa no "Club das Letras" dirixido por mestras do Equipo de Mantemento da Biblioteca Escolar. Nos de 6º de Primaria colabora Sabela Louzao, unha antiga mestra do colexio que achega a súa grande experiencia e entusiasmo. Moitas grazas a todas!










O "Club das Letras" desenvolverase ao longo do curso partindo da dinamización inicial do "Xardín de Pasatempos" levarase a actividade ás aulas, onde se realizarán a meirande parte dos produtos finais da ma das titoras e titores.
                                              Seguiremos informando!

Iniciando o proxecto deste curso

Ola rapazada do Couceiro!
Xa estamos de volta e a novo curso, novo proxecto para pescudar, falar, cantar, pintar, xogar..., ao tempo que aprendemos.
Este ano pedímosvos, para comezar, dous pequenos encargos:
  •  Que nos axudedes a poñerlle o nome ao proxecto 
  •  Investigar no significado das palabras do primeiro xogo: un encrucillado xigante.

Animádesvos?
Traballaremos en prol da tolerancia, da igualdade, da inclusión, etc.
Son un mar de dúbidas! Podedes explicar o significado da palabra que vos achegan os "Axudantes de Güino!" , para axudar a facer o encrucillado ?
Ah! Non esquezades a vosa proposta para o título do PDI. 
O 14 teremos todo exposto na entrada do cole para o 24, Día das Bibliotecas Escolares, elexir entre todos e todas o nome do noso PDI
Xa tardan as vosas suxestións!
Graciñas!

Aquí vos deixamos unhas imaxes da posta en marcha das primeiras tarefas do PDI deste curso.
O Equipo da Biblioteca por boca de Güino convida a todas as aulas cunha mensaxe que achegan os Axudantes de Güino:








Ao tempo que prepara o encrucixado xigante que se encherá co vocabulario básico do PDI e o mural onde se exporán as propostas de título, do proxecto deste curso.