Como o Samaín estase achegando, xunto coas mochilas viaxeiras deixei nos corredores as caixas terroríficas. Están cheas de libros de medo ... uuuuuuuu.
Subido no carro cheguei as vosas clases.
Foi moi divertido e emocionante visitaros. Güino.
Como o Samaín estase achegando, xunto coas mochilas viaxeiras deixei nos corredores as caixas terroríficas. Están cheas de libros de medo ... uuuuuuuu.
Subido no carro cheguei as vosas clases.
Foi moi divertido e emocionante visitaros. Güino.
Aquí deixo o cartel deseñado para este día.
Preparamos un horario para que o alumnado de cada aula poida pasar a recoller a Mochila Viaxeira e así comezar o seu préstamo.
Aproveitamos este momento para presentar o PDI deste curso "MERGÚLLATE NA CIENCIA".
Xa vos contarei que ben o pasamos.
E despois de dous cursos retomamos a actividade das mochilas viaxeiras. Güino envióunos unha invitación para baixar ao "Xardín do Pasatempo" e recollelas. E o 4 e o 5 de outubro o alumnado de Infantil e Primaria baixou a recollela.
O xoves 14 de outubro e o venres 15 repartíronse os maletíns viaxeiros deste curso 2021-22.
Non vos podedes imaxinar a alegría que sentín ao escoitar os vosos berros de ledicia cando entraba polas portas das vosas aulas!
Lembrade que os maletíns viaxeiros favorecen que a nosa biblioteca escolar entre en contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na vosa formación como lectores e lectoras máis novos.
Espero poder ver os vosos debuxos e suxestións nos cadernos que van dentro dos maletíns, que como poderedes comprobar teñen unha nova imaxe para que coloreedes as páxinas ao voso gusto.
Nesta entrada déixovos algunhas fotos desta actividade.
O voso amigo Güino.
Un curso máis, e xa van moitos dende que comezaron a súa andaina no ano 2009, as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do Couceiro.
A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.
Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.
Este ano en forma de" Maletíns Viaxeiros".
A pandemia obriga a tomar as máximas medidas de precaución por iso cambiamos as mochilas por matetíns dun material máis fácil de desinfectar e ademais temos dous maletíns por aula. Cada semana viaxa un mentres o outro queda en "corentena".
Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listos, o máis axiña posible, os maletíns.
Todos van cheas de libros, revistas, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias.
Cada maletín contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
| Lede as instrucións! |