Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxes. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de diciembre de 2019

Curtametraxe "El jefe". Fernando Tato

Hoxe visitounos Fernando tato e o alumnado de 5º e 6º de Primaria viu na súa compaña a súa última curtametraxe "El jefe" que nos fala da igualdade no empreo e dos teitos de cristal.

 Fernando Tato é un actor, director, ilustrador e músico  galego que protagonizou a serie diaria de TVG "O Faro" durante máis de dous anos, emitido tamén en TV3 e outras comunidades con gran éxito de audiencia. Anteriormente participou noutras series da TVG como "Libro de familia" ou "Matalobos" e recentemente protagonizou a miniserie "Hotel Almirante" dirixida por Antonio Cuadri.

É licenciado en Arte Dramático pola Esad de Galicia e en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente formouse durante catro anos no estudo de Lorena García de las Bayonas en Madrid.


                                            Para máis información premede na imaxe!



Logo do pase puideron facerlle preguntas sobre aquelas dúbidas e curiosidades que tiñan sobre o mundo do cine e sobre as diferentes facetas do seu labor profesional.
Foi unha proxección que nos fixo cuestionar sobre a igualdade no traballo, o esforzo para conquerir logros laborais, a importancia das tarefas compartidas no fogar, da responsabilidade paterna e materna, etc
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós, Fernando! E grazas tamén a Cristina a nai dunha alumna de 6º, sen a súa colaboración coa nosa escola esta actividade non sería piosible.


Aquí vos deixamos a "curta" e outras mostras da creatividade de Fernando Tato.














jueves, 18 de enero de 2018

Na procura da Paz

Estamos a piques de festexar o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Nas aulas preparamos as mensaxes para as botellas do mural da entrada do cole, ensaiamos a cantiga e o baile, falamos da paz na clase, na familia, na vila...no mundo.

 O alumnado de 1º e 2º de Primaria elaborou un gran mural da Paz e non Violencia: MERGÚLLATE NUN MAR DE PAZ. Este preside a entrada do noso cole. Nel tod@s escribimos na nosa botella a nosa arela de Paz. Estes desexos viaxarán arredor do mundo por esa autoestrada universal que é o mar.








Güino atopou unha páxina con curtametraxes de  UNICEF e ACNUR que falan doutras realidades, ben diferentes ás nosas que viven nenos e nenas da vosa idade.
É un Proxecto interdisciplinar para traballar o tema dos refuxiados e migrantes.

Seguro que despois de ver, por exemplo , os CONTOS SEN FADAS, podemos reflexionar sobre unha data tan importante como esta con unha mirada diferente.


(Preme e chegarás ás curtametraxes)

Nas aulas,logo de ver as curtametraxes e coñecer outras realidades, estamos a elaborar mensaxes de Paz: Cada nen@ escribe a súa mensaxe , o seu desexo, nun lazo.Amarrando as  arelas de cada aula faise unha fita ben longa.Cada nivel ten a súa cor.


Coas fitas faremos dúas   bandeiras de pregarias tibetanas.

                                              (Preme na imaxe para ver a orixe destas)

Todo o cole aprendeu coa axuda de Emilio, o profe de Música unha canción que fala da Paz, que cantamos e bailamos mentres os representantes das diferentes aulas facían xirar as cintas e espallaban os desexos de Paz de todo o alumnado.


 Por último, como cada ano, ceibamos as pombas mensaxeiras, que achega ao cole a profe Sabela.
Esperamos que as nosas Pombas da paz   voen levando o espíritu desta data a todas as nosas casas e moito máis aló, a aquelas outras familias que viven nunha realidade ben distinta por estarem en guerra, en campos de refuxiados, convivir coa violencia de xénero...



Aquí está o acto central do Día da Paz e non Violencia







domingo, 31 de diciembre de 2017

VIDAS MARIÑEIRAS

O programa pedagóxico GALP Golfo Ártabro Norte Vidas Mariñeiras ten como obxectivo resaltar o valor de todos os sectores económicos relacionados co mar.

Hoxe achegámosvos as curtametraxes realizadas polo alumnado ao abeiro deste programa entre os meses de outubro e decembro de 2017.

O IES Breamo de Pontedeume, o CPI A Xunqueira de Fene e o CPI As Mirandas, de Ares, foron os tres centros seleccionados no concurso aberto a todos os institutos de Secundaria dos municipios do GALP Golfo Ártabro Norte (todos os costeiros, de Paderne, a Narón).
Das conversacións mantidas por sete estudantes de terceiro de ESO do IES Breamo cos mariñeiros do porto eumés xurdiu Entre ou río e ou mar, a historia de tres xeracións dunha familia que viven do mar. Seguro que coñecedes aos protagonistas! Non é?
Premede nesta ligazón e poderedes acceder ás curtametraxes dos tres centros.





Noraboa ! Traballo ben feito!



Estreadas nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano, amosámovolas hoxe para rematar o ano no que comezamos o noso proxecto "Alén do Mar".Este  tamén arrecende a salitre, escuma e vento mareiro como estes traballos tan ben elaborados por compañeiros nosos da secundaria. 

                            Poderemos comezar o trimestre con un cineforum!!!???


martes, 12 de diciembre de 2017

PDI "Alén do Mar": O litoral, A COSTA DO DEXO

O alumnado de 6º de Primaria en Ciencias Naturais está a traballar un tema moi interesante, no que, entre outros aspectos preséntanse os Espazos Protexidos. 
Profundizaron nos ecosistemas que teñen que ver co proxecto deste ano e aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.
Un ecosistema de litoral de especial riqueza e ben conservado a pesares da súa proximidade a unha das zonas máis poboadas da provincia.


A Costa do Dexo é un Monumento Natural que ocupa o tramo costeiro que comprende desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé, no concello de Oleiros.




Cun pouco de axuda, elaboraron un video moi interesante sobre este Monumento Natural, no que explican moitas das súas características.

Olládeo, está xenial!


Agradecemos o gran traballo destes nenos e a colaboración das familias .
 Entre todos achegáronnos o coñecemento desta  zona tan próxima como interesante.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Curtametraxes relacionadas con valores

Aquí vos deixan, Güino e os seus colaboradores, unhas películas curtas relacionadas cos valores. Para acceder aos videos premede no cadriño correspondente.

Olládeas e reflexionade!