miércoles, 15 de febrero de 2023

martes, 14 de febrero de 2023

RADIO NA BIBLIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012. A radio é, neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.

No couceiro seguimos a dar pasiños para poñer en funcionamento a nosa radio. Xa queda menos!

TERCEIRO MANDADIÑO DO ESQULETO MANOLO: MÉRCORES 15 DE FEBREIRO



 

lunes, 13 de febrero de 2023

23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo






 

Se queres saber máis sobre esta autora preme nas imaxes.



A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez








CREBACABEZAS COLABORATIVO

Dende o equipo da biblioteca queremos poñer en funcionamente unha nova actividade. para dinamizar os recreos na biblio.

Nas mesas que quedaron libres despois de quitar os computadores imos poñer un crebacabezas. Na parede atoparedes as normas para participar nesta actividade. 

Lembrade que sodes moitos e moitas os que estades na biblio no recreo. Intentade coidar o material para que todos e todas podades desfrutar desta actividade.

Vos deixo unhas imaxes.





SEGUNDO MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO: MARTES 14 DE FEBREIRO



 

CHARLA: EU VIVÍN NA INDIA

 






domingo, 12 de febrero de 2023

A RADIO CHEGA AO COUCEIRO

Benqueridos e benqueridas nenos e nenas do Couceiro!

Despois dun tempo de traballo na aula vos deixo unhas imaxes coas distintas propostas que xurdiron da vosa creatividade. Hai opcións moi interesantes. Así que parabéns a todos e a todas.

En breve saberedes cal é a opción seleccionada.

Grazas, unha vez máis, polas vosas aportacións.

Güino.





PRIMEIRO MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO. LUNS 13 DE FEBREIRO

 








ENTROIDO VIAXEIRO 2023



















martes, 7 de febrero de 2023

lunes, 6 de febrero de 2023

SEGUIMOS A INVESTIGAR

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil seguen a investigar sobre o Polo Norte e o Polo Sur:

Onde están situados, cal é o  seu clima, quen vive alí, onde e como viven...

Nas súas clases apareceron uns iglús e uns disfraces de inuits, que por suposto non tardaron moito en poñer!!!

Parabéns. Estades a facer un traballo estupendo!

Vos deixo un resumo en imaxes dalgunhas das actividades que estiveron a desenvolver.

Tamén tedes un enlace para aceder ao blog destes pequechos e pequechas do couceiro.

 BLOG DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL 

                                                   

                                               

                

               

                

                 


                 

                

                

                 



          










NOVIDADES