miércoles, 19 de diciembre de 2012

Güino recomenda este Nadal...

Como cada ano, Güino e todos os seus colaboradores temos preparada unha selección das mellores lecturas coas que podedes pasar un bo rato en familia, amigos ou de manera individual.



Esperamos que vos gusten moito!!!
(Podedes ver a presentación a pantalla completa premendo no icono de abaixo á dereita)

Aproveitamos para desexarvos un bo Nadal e unha moi boa entrada no novo ano 2013!!

FELICES FESTAS!!

viernes, 14 de diciembre de 2012

12 do 12 do 2012...ás 12...

O 12 do 12 do 2012...ás 12  todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse para lembrar, o mesmo que fixeron moitos outros centros de toda Galicia,  a un dos grandes das letras galegas, CELSO EMILIO FERREIRO
O obxectivo era recitar a poesía "DEITADO FRENTE AO MAR" no centenario do nacemento do escritor,  e nós fíxémolo a ritmo de rap. 
Gustou moito tanto aos máis pequenos coma aos maiores. 

Por e para sempre,...CELSO EMILIO.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Ler para ver...

Os pasados 9 e 10 de novembro tiveron  lugar no PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS  de Santiago de Compostela  as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema LER PARA VER

Asistiron a estas xornadas máis de 1.100 mestras e mestres de toda Galicia, moitos deles integrantes dos diversos equipos das bibliotecas escolares. Participaron diversos ponentes como Fabio Tropea  (Ler entre liñas. Estratexias de lectura crítica), Miguel Vázquez Freire (Linguaxe audiovisual e biblioteca escolar), Tiscar Lara Padilla (Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares), Luís González Martín (Lectura no século XXI e biblioteca escolar)... e tiveron lugar varias MESAS SIMULTÁNEAS  coa participación de responsables das bibliotecas de diferentes centros de Galicia. 
O noso centro foi convidado pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES  a participar na mesa sobre a UTILIZACIÓN DA PRENSA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES xunto co ponente Jesús Garrido de PRENSA ESCUELA  de LA VOZ DE GALICIA e o IES GREGORIO FERNÁNDEZ  de Sarria (Lugo). 
A nosa participación consistiu en expoñer aos asistentes as liñas de traballo coa prensa na aula que realizamos ao longo de todo o  curso no terceiro ciclo de primaria dentro do programa PRENSA ESCUELA,  liñas que naceron dentro do tempo HORA DE LER e que progresivamente van incidindo en contidos curriculares.