Os pasados 9 e 10 de novembro tiveron lugar no PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS de Santiago de Compostela as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema LER PARA VER.
Asistiron a estas xornadas máis de 1.100 mestras e mestres de toda Galicia, moitos deles integrantes dos diversos equipos das bibliotecas escolares. Participaron diversos ponentes como Fabio Tropea (Ler entre liñas. Estratexias de lectura crítica), Miguel Vázquez Freire (Linguaxe audiovisual e biblioteca escolar), Tiscar Lara Padilla (Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares), Luís González Martín (Lectura no século XXI e biblioteca escolar)... e tiveron lugar varias MESAS SIMULTÁNEAS coa participación de responsables das bibliotecas de diferentes centros de Galicia.
O noso centro foi convidado pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES a participar na mesa sobre a UTILIZACIÓN DA PRENSA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES xunto co ponente Jesús Garrido de PRENSA ESCUELA de LA VOZ DE GALICIA e o IES GREGORIO FERNÁNDEZ de Sarria (Lugo).
A nosa participación consistiu en expoñer aos asistentes as liñas de traballo coa prensa na aula que realizamos ao longo de todo o curso no terceiro ciclo de primaria dentro do programa PRENSA ESCUELA, liñas que naceron dentro do tempo HORA DE LER e que progresivamente van incidindo en contidos curriculares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario