martes, 16 de diciembre de 2014

Lecturas para o Nadal


      Desde BIBLIOCOUCEIRO desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.


 Neste tempo de lecer atoparedes algús ratiños para xogar, para compartir,para descansar, ...para estar coas vosas familias e tamén, de seguro, haberá momentos para ler...


Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas, coidamos que moi interesantes, para que poidades gozar con elas. 

BO NADAL A TOD@S!!! 


domingo, 14 de diciembre de 2014

Musicreques!!


         De novo MUSICREQUES estivo no colexio para ofrecernos o seu novo espectáculo IVÁN E O LOBO GRIS que,  seguindo a liña de AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, o seu anterior espectáculo, preséntanos a Iván e as aventuras co Lobo Gris nun teatrillo de monicreques  apoiado por imaxes en pantalla que serven como fío conductor do conto. Todo isto  para presentarnos a un gran compositor checo Antonin Leopold Dvorak, nado nunha aldea próxima a Praga no ano 1841.
As Danzas Eslavas, inspiradas nas danzas húngaras de Brahms,  están formadas por 16 danzas escritas orixinalmente para piano a 4 mans, nas que predominan melodías a base de bailes populares checos e eslavos. Trátase dunha música de profunda beleza, con moitos contrastes, intercalando pasaxes de gran forza e vitalidade con pasaxes lentos e melancólicos. Loreto e Alma encargáronse de tocar ao piano,  en directo,  estas danzas.  A alumnado participou plenamente das dúas representacións realizadas, unha para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e outra para E. Infantil. O alumnado pasouno en grande e gozou moitísimo co espectáculo.
       Dámoslle as grazas a MUSICREQUES, a Alma e a Loreto, polo estupendo traballo realizado e polas atencións que sempre amosan  co noso centro. 



Untitled from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.

sábado, 13 de diciembre de 2014

Investigamos sobre...

Ao longo do mes de novembro o alumnado do noso centro adicosuse a investigar sobre ditos, refráns, cantigas, relacionadas con dúas das festas máis representativas deste mes do ano. Por un lado a FESTA DO PEÓN que celebramos no noso centro sempre na compaña das familias, aínda que este ano, por mor das inclemencias meteorolóxicas tivo unha celebración moi restrinxida no interior do colexio. Por outra banda a FESTA DO SAN MARTIÑO de fonda tradición en toda Galicia. os nenos e nenas do centro aportaron as súas recolleitas realizadas nos ámbitos familiar, veciñal , círculos de amistades..., e este foi o resultado. Elaboráronse dous cadernos un de E. Infantil e outro de Primaria onde se recollen os traballos aportados. Parabéns a todos polo esforzo e polas aportacións realizadas.