domingo, 14 de diciembre de 2014

Musicreques!!


         De novo MUSICREQUES estivo no colexio para ofrecernos o seu novo espectáculo IVÁN E O LOBO GRIS que,  seguindo a liña de AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, o seu anterior espectáculo, preséntanos a Iván e as aventuras co Lobo Gris nun teatrillo de monicreques  apoiado por imaxes en pantalla que serven como fío conductor do conto. Todo isto  para presentarnos a un gran compositor checo Antonin Leopold Dvorak, nado nunha aldea próxima a Praga no ano 1841.
As Danzas Eslavas, inspiradas nas danzas húngaras de Brahms,  están formadas por 16 danzas escritas orixinalmente para piano a 4 mans, nas que predominan melodías a base de bailes populares checos e eslavos. Trátase dunha música de profunda beleza, con moitos contrastes, intercalando pasaxes de gran forza e vitalidade con pasaxes lentos e melancólicos. Loreto e Alma encargáronse de tocar ao piano,  en directo,  estas danzas.  A alumnado participou plenamente das dúas representacións realizadas, unha para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e outra para E. Infantil. O alumnado pasouno en grande e gozou moitísimo co espectáculo.
       Dámoslle as grazas a MUSICREQUES, a Alma e a Loreto, polo estupendo traballo realizado e polas atencións que sempre amosan  co noso centro. 



Untitled from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.

No hay comentarios: