martes, 31 de enero de 2023

PDI 4º: A VIAXE DE MAGALLANES

No 1º trimestre o alumnado de 4º de primaria estivo a traballar en dúas actividades moi interesantes para comprender e coñecer a primeira circunnavegación 

Estas actidades levaranse a cabo en grupos de traballo . 

Primeiro , tiveron que ler, ver e buscar información.

En segundo lugar, tiveron que organizar e escribir  a información en galego.

Despois fixeron un borrador e finalmente presentaron os traballos finais .

Están expostos nos corredores.

Vos deixamos un enlace a actividade a algunhas imaxes do produto final.

Moi bo traballo!

A VIAXE DE MAGALLANES








PDI 4º:

O alumnado de 4º está traballando dento do noso PDI a viaxe de Magallanes. Para poder ubicarnos nun mapa ou planificar unha viaxe é importante coñecer conceptos como latitude ou lonxitude e que mellor maneira que practicalos a través do xogo. Se premedes na seguinte imaxe  poderedes aceder á información desta actividade.




lunes, 30 de enero de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Baixo o lema "A Paz no mundo" cada curso tivo que realizar unha investigación sobre os distintos idiomas nos que se di a palabra paz e en que país se falaban ditas linguas. Posteriormente, tivemos que colorear un corazón cuxo fondo estaba formado pola palabra que se asignou a cada curso. Cos corazóns de toda a escola, as mestras de 1º e 2º de primaria construíron un corazón xigante que está nos corredores do centro, recordándonos que todos os día temos que ser solidarios.

Por último,  fixemos  un baile coa canción "Eu teño alguen no meu corazón" de María Fumaça para festexar este día. Se premedes no seguinte enlace atoparedes máis información.

http://primeirospasoscouceiro.blogspot.com/2023/02/dia-da-paz-2023-2-de-primaria.html



CONTO DO DÍA DA PAZ


"Son un dos grandes persoeiros deste país recóndito,con rol de náufrago, reo de si. Eu, que pertenzo a unha estirpe pobre, vulgar, afeita a vivir coa cabeza abaixada, son agora o elixido…"

Ficción e realidade superpóñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa poeticamente a súa traxectoria vital. O protagonista enxalza o seu carácter único no mundo, facendo da diferenza non un trazo integrador, senón elitista.
O alumnado de 6º de Primaria leen este conto da editorial Kalandraka nesta celebración do día da Paz 2023.

domingo, 29 de enero de 2023

VOTACIÓN RADIO NA BIBLIO

Benqueridos nenos e nenas do Couceiro!

Como vos informamos fai un tempo o noso centro foi seleccionado para formar parte do programa "Radio na Biblio". 

Temos que poñer a funcionar este espazo na nosa escola e para iso precisamos a vosa axuda.  Hai que buscarlle un nome a este espazo e quero que todas as aulas participen nesta actividade.

Por iso vos deixarei nas aulas unha folla para que poñades a vosa proposta de aula. Se queredes podedes crear o logo.

O vindeiro luns  13 de febreiro celebraremos unha votación coincidindo có Día Internacional da Radio.

Unha forte aperta

Güino






sábado, 28 de enero de 2023

PDI 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 O POLO NORTE E O POLO SUR

Esta semana na clase dos osos polares estiveron a investigar sobre o polo norte e o polo sur. Localizáronno no globo terráqueo, descrubriron que só hai dúas estacións (inverno e verán)  e que mesmo sendo verán vai moítisimo frío. 

Se premedes na imaxe poderedes aceder ao su blog onde atoparedes imaxes da actividade.









jueves, 26 de enero de 2023

PDI PLÁSTICA BILINGÜE

As bandeiras son un símbolo identificativo, que nos axuda a diferenciarnos. Segundo José Manuel Erbez, bibliotecario na Universidade da Lagoa e secretario da Sociedade Española de Vexiloloxía, ciencia que estuda as bandeiras, “a finais do século XVIII e principios do XIX nace a necesidade de identificar a nación cun símbolo e así xorde a enorme carga simbólica das bandeiras.”
O alumnado de 6º traballaron diferentes bandeiras do mundo dende un punto de vista plástico e o resultado deste traballo está exposto nos corredores da nosa escolar. Aquí vos deixo unhas imaxes.






 

lunes, 23 de enero de 2023

MARCASITIOS




 

EXPOSICIÓN LEMOS EN PAZ

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase o luns 30 de xaneiro de 2023. Ten por obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

É unha data apropiada para traballar co alumnado a importancia do dereito á paz, comprendendo como a educación favorece este dereito. Para iso é necesario fomentar unha conduta proactiva en favor da paz e a resolución pacífica dos conflitos.

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tamén coñecido como DENIP, é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal. Celébrase todos os anos o “30 de Xaneiro”, que é o aniversario da morte de Gandhi. Este día internacional foi recoñecido pola UNESCO en 1993. 






Todos somos diferentes e temos o dereito de ser tratados con respecto, valorando as nosas diferenzas como algo enriquecedor que nos fai mellores, non é motivo para separarnos.  E diso fálannos nos seguintes vídeos.



O vindeiro Día 30 de xaneiro todos e todas  xuntos e xuntas imos cantar a seguinte canción.

Fronte á barbarie da guerra, este libro visual ilustrado por Nikolai Popov alenta aos lectores para ser promotores do diálogo, a tolerancia, a convivencia e a paz. Este libro podédelo atopar na exposición Lemos en Paz que está na biblioteca.





































jueves, 19 de enero de 2023

NOVIDADES XANEIRO. RECREOTECA

 Xa estamos de volta despois dunhas merecidísimas vacacións de Nadal. 

O Equipo da Biblioteca levaba tempo pensando na creación dun recuncho de lectura exterior. E o pasado luns 16 de xaneiro empezou a andar. Deixovos imaxes deste espazo que polo de agora está a ter moito éxito. Agardamos poder amplialo e melloralo nos vindeiros meses.